E tamén podemos xa visualizar o vídeo no que Blanca nos conta quen é Marcopola e a súa amiga Dragoneta
martes, 27 de novembro de 2018
sábado, 24 de novembro de 2018
BENVIDOS!
Dende o CEIP Plurilingüe "Anxo da Garda" da Coruña, o alumnado de 5º de Ed. Primaria queremos este ano comezar unha nova aventura. O noso titor propúxonos face de "booktubers", recomendando libros que nos gusten e que lemos tanto na casa coma na "Hora de Ler" no cole. Haberá variedade e tamén teremos erros porque as cámaras impresionan un pouco, pero queremos intentalo e sobre todo, pasalo ben cos libros.
Agardamos que vos gusten as nosas propostas, se é así dádelle a "like" ;) E se non vos gusta tamén o podedes dicir, pero por favor, somos nenos e nenas de 9 e 10 anos, non merecemos unha crítica salvaxe e con xenreira, tentámolo facer o mellor que sabemos... e que o noso profe sabe (isto é un segredo porque o das cámaras non se lle dá moi ben, pero coma nós polo menos, inténtao).
Temos xa os primeiros vídeos gravados e editados, nuns poucos días poderedes comezar a ver as nosas "producións". E nada máis polo de agora. Alá imos!!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
-
Seica Youtube é agora un dos referentes dos nenos e as nenas. De feito, aquí estamos a facer un blog de " booktubers ". E de moit...
-
Bien, pues ahora vamos con Matemáticas, teníais unos problemas para hacer y vamos a corregirlos, espero que los hayáis hecho... ¿todos? ¡Seg...
-
Bo día. Hoxe comezades con Francés que xa mandei ao correo electrónico das vosas familias. Recordade que as actividades de francés tedes que...