mércores, 10 de xuño de 2020

MÉRCORES 10 DE XUÑO

Xa estamos no mércores, un día xeralmente de moito traballo, estabamos todo o día xuntos menos a hora de Ed. Física. Así que comezamos.

MATEMÁTICAS

Hoy comenzamos con PROBLEMAS, a ver cómo se os dan. Recordad una cosa. En Primaria lo más importante de la asignatura de Matemáticas es:

  • Cálculo, con todo tipo de números (naturales, enteros, decimales, fracciones...)
  • Medida: Sistema Métrico Decimal y equivalencias, medida de ángulos y tiempo
  • Geometría: las figuras planas, los poliedros...
  • Resolución de problemas: aplicando todo lo anterior a situaciones de la vida diaria.
Si os acordáis, usábamos mucho en clase los folletos de Carrefour o de Lidl para calcular y para hacer listas de la compra, calcular porcentajes, etc. Eso es FUNDAMENTAL y más o menos todos y todas habéis ido avanzando en ello.

Entonces, hoy los problemas son de fracciones, así que lo más importante es FIJARSE bien para realizar correctamente el planteamiento de lo que se os pide y después no fallar en el cálculo, porque si el razonamiento lo hacéis bien pero luego falláis en una suma o una multiplicación, por ejemplo, no sirve de nada. Así que procurad tener esas estrategias de resolución de problemas más que asimiladas porque en Secundaria os van a hacer muuuuuucha falta.





CIENCIAS SOCIAIS

Hoxe repasamos a situación de España no século XX. Recordade que en 1898 perdéronse as últimas colonias españolas en América e Asia e iso fixo que o noso país tivese un "baixón" tanto a nivel económico como tamén psicolóxico e social. Pero os dous grandes acontecementos nos primeiros anos en España foron a II República  (1931 - 1936) e a Guerra Civil (1936-1939).

Posteriormente chegou un período de case 40 anos de dictadura con Franco, período do que sabedes moitas cousas porque xa os vosos avós e avoas e incluso quizáis os vosos pais e nais viviron nela e non sempre moi ben.

En 1975 comezou a transición á democracia, período de 3 anos ata que se aprobou a Constitución de 1978, a que está en vigor hoxe en día e da que tamén sabedes moitas cousas. Este período democrático que estamos a vivir é o máis longo da nosa historia, cunha alternancia de partidos de esquerda ou dereita no Goberno e con situacións puntuais de moita bonanza económica ou de crise. Xa no século XXI a crise sanitaria que estamos a vivir aparecerá nos libros de Historia, non só pola situación sanitaria, senón sobre todo porque haberá un importante baixón económico e repercutirá en todas as persoas do país, especialmente nos traballadores e traballadoras... pero iso vos tocará aprendelo máis adiante. Simplemente, pensade que estades a vivir un momento histórico e todos e todas, dun xeito ou outro, sentiremos que haberá un antes e un despois do coronavirus, en España e no mundo.

Ben, non me "enrollo" moito máis. Déixovos a ligazón para facer e como vedes, a cronoloxía remata en 2014, que foi cando se fixo o libro de texto que empregamos na clase. Só vos pido que engadades algo máis dos últimos anos e que sexa moi importante para a historia recente do noso país. Seguro que tedes moitas ideas, pero que sexan realmente importantes a nivel NACIONAL. Eu penso concretamente en tres, a ver se dades con elas 😉😉😉


Ilústrovos a entrada cunha foto dun momento moi importante na Historia de España do século XX. Poderiades averiguar cal? Podedes poñer a resposta nos comentarios do blog.




LINGUA GALEGA

Ben, hoxe imos repasar os VERBOS e mañá... máis divertido, xa veredes, por iso vos poño hoxe este repaso. Recordade unha das frases míticas do "profe": "NON EXISTEN TEMPOS COMPOSTOS EN GALEGO!!!" 😂😂😂😂





CIENCIAS NATURAIS

Pois nada, seguimos co repaso. Póñovos unha avaliación da unidade 3, que seguro que saberiades facer perfectamente





E para rematar só unha reflexión. Estes días seguro estades a ver moitas manifestacións en todo o mundo, pero principalmente nos Estados Unidos, en contra do racismo, a raíz do asasinato por un policía dun cidadán negro que se chamaba George Floyd. Se estivesemos en clase falariamos disto, xa que aínda que en teoría unha persoa negra ten os mesmos dereitos ca unha persoa blanca, no día a día de países como Estados Unidos non é así, aínda existe moita discriminación racial. George Floyd xa é un símbolo contra a discriminación e aquí, como homenaxe a todas as persoas diferentes pola súa cor de pel, deixo unha foto co xeonllo en terra, o símbolo de loita contra esa discriminación.


6 comentarios:

  1. Alfonso, son eu ou a 1ª parte do de Sociais xa o fixéramos? O da noticia do envellecemento da poboación. Pode ser?

    ResponderEliminar
  2. Pode ser, pode ser... Como foi no primeiro trimestre non me acordo. Non pasa nada, se queredes repasalo ben, e se non, pois listo.

    Apertiñas!!!!

    ResponderEliminar
  3. Alfonso, vamos a hacer alguna videollamada más?

    ResponderEliminar
  4. Si, o ultimo día con máis profesores, a modo de despedida, ;)

    ResponderEliminar

Nuevo comentario en ANXOBOOKTUBERS