xoves, 11 de xuño de 2020

XOVES 11 DE XUÑO

Xa falta menos!! 7 días lectivos... SETE, SEVEN, SIETE, 7!! En nada estades de vacacións e en outro nada estades no instituto, suponse, en setembro, con mascariña, xeles, distancias... En fin como nos cambiou a vida. A semana que vén falaremos un pouco de todo isto e o venres 19 despedirémonos cunha videoconferencia, a ver que tal vai. 😋😋😋. Xa mandei o traballo de Francés ás vosas familias, así que imos co noso.

LINGUA GALEGA

Ben, estabamos cos verbos, así que hoxe unha actividade moi divertida dun profe chamado Suso Portela que repasa a conxugación verbal galega e seguro vos rides e aprendedes.



CIENCIAS SOCIAIS

Como vistes onte, hai unha explosión racial nos EE. UU a consecuencia do asasinato de George Floyd por un policía. Se recordades os temas de Historia, vimos que en España, dende finais do século XX ata a actualidade houbo unha importante chegada de inmigrantes ao noso país. Anteriormente fomos os españois os que emigramos, primeiro a América (antes de Guerra Civil) e despois a Europa, a partires da década dos 60. Alemaña, Francia, Reino Unido, Suíza, Bélxica e os Países Baixos foron os países que máis emigrantes españoles recibiron.

Esa inmigración trae como consecuencia moitas veces, racismo e xenofobia. No caso dos EE. UU. a situación é máis indignante xa que a poboación negra foi levada a traballar alí como escravos no s. XIX e, aínda que a escravitude foi abolida hai moitos anos, situacións de escravización da xente vívense aínda hoxe, tamén en España.

Esta mesma semana en Lleida, o futbolista do Monaco Keita Baldé denunciaba que el pagaba o aloxamento a moitos inmigrantes senegaleses que están recollendo froita temporalmente e están vivindo en condicións de pouca hixiene; pois moitos hoteis NEGÁRONSE aínda pagando el dos seus cartos a aloxar a estas persoas. Podedes ler a noticia aquí e vedes que é unha mostra clara de que o racismo existe.


Aparte disto, ides ver dous vídeos sobre as migracións e o racismo e vouvos plantexar dúas preguntas



Preguntas

1) É positivo (ou non) para o noso país que haxa inmigración? Por que?
2) Cres que hai xente en España que estaría disposta a facer os traballos que realiza a maioría das persoas que chegan ao noso país para traballar (coidados de anciáns e nenos nas casas, traballos agrícolas, na hostelaría...)?
3) Coñeces a alguén que lle ocurrise o mesmo que á rapaza do segundo vídeo? Como sería a túa reacción se ocurrise diante de ti?

Son preguntas para reflexionar e para que pensedes que persoas fan os traballos que moitos españois e españolas non queren realizar, moitas veces de forma totalmente invisible.

MATEMÁTICAS

Bueno, hoy seguimos con las fracciones, pero es más una curiosidad que ejercicios de cálculo. Vais a leer un texto sobre la historia de la escritura de las fracciones en distintas culturas, a ver qué os parece





LINGUA CASTELÁ

Y por último una comprensión lectora sobre un lugar también histórico y único: el Coliseo de Roma




PD.: Nunca estiven en Roma!!!! 😑😑😑


5 comentarios:

  1. Alfonso no te vas a creer lo que me pasó antes de ayer. Pues que estaba jugando fútbol, me caí y me dolía mucho entonces ayer fui al hospital y me escallolaron desde la palma de la mano hasta el codo por que tengo una fractura en hueso de la muñeca. A y por cierto soy Aitor

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. ¡Vaya. hombre! :( Pues si no puedes escribir, no puedes. Pero puedes repasar y en el pequeño texto que dejaste aquí hay VARIAS faltas de ortografía, jejejeje

      ¿Qué tal te va con la ESCAYOLA? (por ejemplo)... y alguna más hay.

      ¡Cúidate! Estamos en contacto

      Eliminar
  2. Soy Anxo. Aitor, que mala suerte tienes.

    ResponderEliminar
  3. Me encantó lo de Suso Portela. Foi moi interesante!

    ResponderEliminar

Nuevo comentario en ANXOBOOKTUBERS