domingo, 29 de marzo de 2020

LUNS 30 DE MARZO... UNHA NOVA SEMANA

Bos días a todas e a todos. Comezamos o que sería a ÚLTIMA semana do 2º trimestre. Non me cansarei de dicirvos que agradecería moitísimo estar no colexio. Supoño que vós, con 11-12 anos, aínda non sodes ao 100% conscientes de todo o que supón esta situación a nivel social, económico e sobre todo emocional. Todo o mundo di que non seremos as mesmas persoas cando todo isto acabe, que haberá un antes e un despois da pandemia do COVID-19. Pero sempre fostes rapaces e rapazas con reflexións bastante maduras e estades a ver nas vosas casas, nos medios de comunicación todo o que supón este confinamento. E seguro que tedes emocións que contar e expresar e como xestionalas. Non é fácil, tampouco para nós, nin para os vosos pais e as vosas nais. Haberá tempo de reflexionalo e ogallá poidamos falalo un día nesas "rodas" dos luns que tanto nos gustan. De momento mellor seguir con esta "rutina" especial ata que todo se amañe e podamos vernos... ao mellor argallo unha maneira de facelo on-line, se todos e todas tedes os medios na casa. Xa falaremos... 😀😀💻💻

VALORES

Ben, isto é para o alumnado de Valores Cívicos e Sociais, pero podedes facer esta actividade todos e todas. Hai unha iniciativa do persoal sanitario de que calquera persoa anónima lle escriba unha carta a un / unha paciente ingresada por coroavirus. Déixovos aquí a ligazón para que vexades de onde xurdíu a idea e as direcións de correo electrónico ás que podedes mandar as vosas cartas. Entre elas hai a dun hospital de Vigo (non atopei ningunha do CHUAC), e se as facedes, gustaríame que tamén ma enviárades a min por correo electrónico. Recordade as normas que vos pon aí:

  • Carta ANÓNIMA
  • Que teña unha presentación de quen sodes (podedes poñer o voso nome pero sen apelidos).
  • Que a carta sexa para dar ánimos ás persoas ingresadas
  • Que vos despidades desa persoa tamén anónimamente


Seguro que o facedes de marabilla, xa teño mostras diso en moitas das redacións que facedes, así que... adiante!!!


MATEMÁTICAS


Vamos a comenzar el TEMA 9 del libro. Es fácil porque ya dimos cosas en 5º. Hoy os pido que leáis la introducción de la página 132, respondáis SIN ESCRIBIR las preguntas de la lectura de la página 133 y sí que hagáis en el cuaderno el ejercicio 1 de la parte ¿Qué sabes ya? Os pongo aquí la foto


También debéis hacer EN EL CUADERNO la escalera de las unidades de medida, desde el Km, Kl y Kg hasta el mm, ml y mg. Pero yo he hecho una en forma de escalera para que lo entendáis mejor. Cada "escalón" que subimos tenemos que dividir por 10 y cada escalón que bajamos tenemos que multiplicar por 10. Entonces, si tengo que pasar una cantidad de centilitro (cl) a litros (l), tengo que dividir por 100 (hay dos escalones de subida); y si tengo que pasar de kilómetros (km) a metros (m) tengo que multiplicar por 1000 (hay tres escalones de bajada). Fijaos dónde está el margen de la libreta para que os hagáis una idea de cómo hacerla en vuestro cuaderno. Podéis decorarla como queráis, hacerle dibujos, etc. Lo importante es que lo entendáis vosotros y vosotras.



CIENCIAS SOCIAIS

Imos seguir co tema do relevo de España e esta semana estudamos o relevo litoral (páxinas 18 e 19 do libro). Como vedes, dividimos a costa española segundo os mares aos que miran. Así temos:

  • Costa cantábrica: dende a fronteira con Francia ao cabo Estaca de Bares, aquí en Galicia
  • Costa atlántica: dende o cabo Estaca de Bares ata a desembocadura do Miño en Galicia (fronteira con Portugal); dende a desembocadura do Guadiana en Andalucía (fronteira con Portugal) ata a punta de Tarifa; e por suposto, toda a costa do arquipélago das Canarias
  • Costa mediterránea: dende a punta de Tarifa á fronteira con Francia; a costa das cidades autónomas de Ceuta e Melilla; e lóxicamente tamén o arquipélago das Baleares.
Mando ás vosas familia un mapa MUDO de España e tedes que pintar as tres costas de diferentes cores e saber localizar os cabos máis importantes do país (Creus, Nao, Palos, Gata, Tarifa, Fisterra, Touriñán, Estaca de Bares, Peñas e Matxitxako), os golfos (Valencia, Biscaia...) e outros accidentes xeográficos importantes como o Delta do Ebro, o Mar Menor, as rías galegas (non fai falla poñer os nomes de todas), as illas... Trátase de saber situar eses puntos xeográficos nun mapa. Déixovos aquí unha imaxe na que podedes ver un mapa do relevo litoral de España coa maioría deses nomes e unha ligazón (os nomes están en español) doutro colexio no que hai moitas actividades interactivas sobre este tema de Sociais




Por hoxe, rematamos. Recordade a "PALABRA DO MES", escribídea aquí  e dicide quen a propón. Lede "Invisible", xogade, non descoidedes o exercicio físico... En fin, seguimos. Ánimo!!!


5 comentarios:

  1. Hola Alfonso hay un problema y es que dijiste que no lleváramos ni el libro de soci ni el de natu

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hola, soy Antía.
      Lo que dices es verdad.
      Yo elegí no llevar los de Soci y Natu, porque sino me iba a pesar mucho la mochila. Y a parte de Soci y Natu yo llevé todo lo demás.

      Eliminar
    2. Hola soy Guillermo y mi palabra del mes es RESISTIR.Significa sufrir un padecimiento físico o psíquico ,sin dejarse vencer por él. Elijo esta palabra para animarnos a todos a resistir esta pandemia; saldremos de esta!

      Eliminar
  2. Hola. Sí, es verdad, Naturais quedó en clase, pero Soci yo creo que os dije que lo llevarais... la verdad es que no me acuerdo porque fue todo muy repentino. No pasa nada. Intentad hacerlo como podáis y listo.

    Sí que el kahoot ya lo he hecho con esos datos, a ver si os sale bien. Si no, insisto, no pasa nada porque no se puede evaluar nada de lo que hacéis estos días. Cuando sepamos cómo va a quedar todo pues os lo comentaremos. De todas formas, en los enlaces que os paso podéis estudiar TODO el relieve de España, los ríos, etc.

    Saludos

    ResponderEliminar

Nuevo comentario en ANXOBOOKTUBERS