venres, 19 de xuño de 2020

PUNTO... E SEGUIDO

Non é un final. Polo que falamos na videoconferencia seguirémonos vendo cando saiades do instituto e polo barrio. E agardemos que en setembro poidamos facer un encontro de despedida no colexio, dependerá de como evolucione a situación sanitaria.

Tampouco quero repetirme pero sabedes que o voso grupo de 27 nenos e nenas quedará tamén na miña mente. Xa son tres os grupos que tiven no Anxo da Garda, e todos estades xa no instituto. Cando o primeiro deles, que xa están en 4º da ESO e pasan ao Bacharelato, rematen a súa escolaridade no Moas, gustarame velos na Universidade ou nos estudos que escollan. Os anos pasan e o máis importante para min é que saibades ser nun futuro cidadáns e cidadás con valores e principios solidarios, participativos, responsables... e non teño dúbida que seredes así. E todo iso non se debe só á vosa educación no colexio e no instituto, senón tamén ás vosas familias que SEMPRE están aí, acompañándovos e pendentes de todo o que facedes.

Gustaríame dalgún xeito agradecerlles a eles, aos vosos pais, ás vosas nais, nalgúns casos tamén aos vosos avós e avoas, todo o apoio e confianza que sempre me demostraron como mestre. Sen eles, moitas das cousas que fixemos non serían posibles. E son eles e elas, precisamente, os que sempre vos apoiarán e, por suposto, os que máis vos queren. Nunca esquezades iso.

E pouco máis que dicir. Non vamos a entrar no tema da pandemia de novo, pero sede responsables coa hixiene, co distanciamento e coas mascariñas, que poidamos vencer ao coroavirus depende de todas as persoas que convivimos na sociedade, é un inimigo invisible e silencioso que pode aínda facer estragos, non marchou e temos que seguir alerta. O verán non nos pode relaxar neste aspecto.

Lóxicamente, agardo que teñades éxito. Haberá momentos difíciles, por suposto, tamén os pasamos os adultos na nosa vida cotiá, pero sempre, SEMPRE hai luz ao final. Pensade en positivo e se algunha vez necesitades falar, un apoio, contarme algo, a min sabedes de sobra onde me podedes atopar.

E quero tamén pedirvos perdón se algunha vez errei, que seguro que si, e que pensedes que nunca o fixen intencionadamente. Somos humanos e equivocámosnos, pero sabedes que sempre estivestes presentes non só durante estes tres meses senón dende setembro de 2018 en que comezamos a nosa xeira en 5º.

Pasádeo ben no verán, APERTAS GRANDES E BICOS para todos e todas e sobre todo, GRAZAS por todo o que tamén como profe me aportastes, que foron moitas cousas.  ATA SEMPRE!!





mércores, 17 de xuño de 2020

MÁIS XOGOS


Ben, seguimos un pouquiño máis. Atopar xogos que sexan atractivos non é doado con tantos recursos que hay na rede. Ademáis é prácticamente imposible atopar algún que non teña publicidade, así que ben, déixovos tres de Matemáticas e un de bandeiras europeas, aínda que podedes facelo con outros continentes do mundo. Agardo que vos sirvan para repasar!!


MATEMÁTICAS



Pirámide de Euros




CIENCIAS SOCIAIS





martes, 16 de xuño de 2020

XOGOS ON LINE


Ola a todos e a todas. Atopei "buceando" pola rede algunhas actividades divertidas para que pasedes un rato entretido. Son de Lingua e Ciencias Naturais. Hai tantas cousas que prefiero escoller dúas ou tres que penso vos gustarán máis, aparte de que podedes xogar cos vosos irmáns e irmás ou papá e mamá. A ver se vos gustan!!



Lingua Galega

Repaso de "te" e "che", que son dous pronomes que costa saber exactamente cando se usan. En Secundaria estudiarédelos máis a fondo.

Repaso de te e che

E este "quiz" é de vocabulario, con palabras con certa dificultade. Non está "ADOITAR" que sabedes que é unha das palabras coas que moito insistín durante o curso 😀😀😀😀

Vocabulario especial


Ciencias Naturais


Este é un xogo como o clásico da "oca", pero que vos fai preguntas de Ciencias, de Matemáticas, de Sociais... ata de Educación Física!!! Está en castelán, pero ben, é sinxelo. Mellor se xogades dous!!

La oca de las ciencias


Por certo... non sei se sabedes que este xogo ten moito que ver co Camiño de Santiago... a ver se averiguades por que!

Se atopo algunha actividade máis deste estilo, súboa. Apertiñas!!



luns, 15 de xuño de 2020

ÚLTIMA SEMANA. DO LUNS 15 AO VENRES 19

E xa está! Chegamos ao final. Que curioso e estrano foi todo dende o 13 de marzo. Levabamos un curso bó, facendo as cousas a un ritmo axeitado. O mércores 11 foramos a Ikea comer unha ensalada saudable e ao día seguinte... PAFFFF!! Suspensión das clases presenciais e aquí viñemos, a esta especie de aula virtual na que fomos facendo actividades de todo tipo e penso que algo novo aprendestes e tamén repasastes.

É certo que isto foi algo tan excepcional que nin os adultos nin vós estabamos preparados para unha pandemia. Pero botando a vista atrás, tamén hai que ver que fomos capaces de manternos en contacto e de seguir conectados dalgún xeito.

A estas alturas (15 de xuño) xa estades avaliados e poderiase dicir que xa sodes rapaces e rapazas de Secundaria. Por iso quería que estes días fixerades algo que pensaba facer na clase cos ordenadores (se aínda vivían) e que ten que ver con todas as áreas. Os mestres e as mestras temos que facer cada curso en xuño unha memoria do noso traballo. Pois iso é o que quero que fagades, pero non dun curso, senón de toda unha etapa da vosa vida que durou 9 anos, dende que entrastes na escola en setembro de 2011 (algún un curso antes).

Xa que logo, gustaríame que usando os medios informáticos, as TIC's, fagades unha presentación en power point ou similar sobre...

A VOSA VIDA NO ANXO DA GARDA 



Instruccións

  • Usando medios informáticos facer unha presentación (ou vídeo, se vos atrevedes) que resuma os vosos 9 anos no colexio. Se tedes dificultade para usar power point ou similar, tamén podedes usar un procesador de texto, pero teredes que escribir máis...
  • Como é un traballo no que hai que facer referencia ás áreas que tivestes, podedes dedicar dúas ou tres diapositivas para cada unha: Valores ou Relixión, Matemáticas, Ciencias Sociais, Ciencias Naturais, Educación Física, Educación Artística (Música e Plástica), Lingua Galega, Lingua Castelá, English e Francés, poñendo as asignaturas de 6º. Tede en conta que en Infantil non había asignaturas como tal, pero seguro que fixestes moitas cousas e proxectos.
  • De cada área procurade escribir que vos gustou e que non e sobre todo, qué actividade recordades con moito cariño porque vos motivou ou porque o pasastes moi ben. Por exemplo, en 5º fixemos este blog como actividade de linguas para a expresión oral, aproveitando a Hora de Ler; tamén fixemos un libro sobre especias e infusións, en Matemáticas veu aquel rapaz a dar Xeometría utilizando a maxia...; seguro que en cursos anteriores recordades outras actividades que tamén vos gustaron ou que significaron moito para vós. Por exemplo, cando aprendestes a ler, cando xa sabiades restar... non sei, o que se vos ocurra.
  • Deberiades facer antes unha lista escrita desas actividades que vos gustaron para logo escoller. Xa veredes cantas saen!
  • Falade tamén dos vosos mestres e das vosas mestras, dende Infantil ata 6º. Sería moi bonito ter un recordo para elas / eles porque seguro que significaron moito para algún ou algunha de vós. Eu sei que estivestes con Mª José Couso e con Ana, pero non sei quen estivo con vós en Infantil. Tamén profes que xa non están no cole e que recordades con cariño, etc. En fin, o que queirades expresar.
  • Poñede tamén dúas ou tres diapositivas dalgunha saída que vos gustase moito. Recordo, por exemplo, en 5º, que vos encantou "Multa ou flor"; ou dalgunha actividade que fixerades no colexio por parte do Concello ou dalgunha institución, como as charlas de Educasaúde ou as de prevención do acoso escolar. 
  • Como sabedes, mandei ás vosas familias un arquivo con fotos e vídeos desas actividades. Podedes usalas para ilustrar as diapositivas. Recordo o curso pasado cando fomos ao Coliseo e vistes aos cans policía ou aos cabalos que axudan aos axentes no rural.

  • Acordádevos tamén da biblioteca, da Hora de Ler, se cadra tamén da "Palabra do Mes", do Día da Paz, do Día da Muller, do Día do Libro, do Día das Letras Galegas..., en definitiva, de calquera conmemoración que vos traia un bó recordo.
  • E xa pensando en 5º e 6º, as nosas charlas na roda, o noso boneco de gancho, a axenda, os emojis, a alfombra, o puzzle... o que se vos ocurra.

  • Procurade que haxa unha diapositiva de INTRODUCIÓN, as de desenvolvemento segundo vos acabo de explicar e unha de CONCLUSIÓN, na que podedes poñer que esperades do instituto e da Secundaria.
  • E por último, sede coidadosos coa ORTOGRAFÍA, a gramática e a expresión. Sería moito máis enriquecedor que o fixérades EN GALEGO, pero permito usar o español tamén, iso si, NON MESTUREDES OS IDIOMAS!!
Este traballo é, por suposto, voluntario. Non quería esta semana poñervos "fotocopias" para escribir e repasar, senón que fixérades ese último esforzo, poderiamos chamalo, "histórico". É a vosa vida, unha etapa que remata e da que agardo levedes un bó recordo, eu asegúrovos que si o levo 😍😍😍

Se buscades nos menús do programa de presentacións que usedes podedes incluso poñerlle sons, ou preparar unha presentación cunha música de fondo. E se tedes a ben podedes mandarma por correo unha vez rematada. Insisto, non é obrigatorio facelo, pero como estamos xusto no momento en que remata o Estado de Alarma en Galicia, de estarmos na aula fariámolo igual, só que preparando os últimos días do curso e probablemente con algunha saída que xa tiñamos prácticamente organizada cos de 5º pola Costa de Morte, pero non puido ser.

Se precisades ligazóns a páxinas de programas informáticos gratuitos para separa audios, unir vídeos, etc., 

Programas de vídeo



Presentaciones on line




Durante a semana, se atopo algunha actividade divertida nas páxinas que adoito usar, como www.aulasgalegas.org, poñereina aquí para que a fagades opcionalmente. E o venres teremos unha videoconferencia de despedida con outros mestres e mestras que queren tamén saudarvos e desexarvos o mellor.

Nada máis. Tede ÁNIMO!!, vivide tranquilos e tranquilas. Comezará a "nova normalidade" pero serán uns meses máis sen esquecer a mascariña, o distanciamento social, a hixiene de mans... Recordade que TODO SAIRÁ BEN, antes ou despois. 😀😀😀

Seguirei poñéndovos cousas por aquí. O xoves 18 vereis ás vosas familias cando devolvan os libros e ata finais de mes seguiremos en contacto e despois seguro que tamén. Apertiñas!!!


venres, 12 de xuño de 2020

VENRES 12 DE XUÑO

Pois nada, outra semana máis e xa só nos queda unha. Imo aló!!

MATEMÁTICAS

Como ya es habitual siendo viernes, os pongo un juego matemático llamado "El Nim", para que os entretengáis. ¡¡Suerte!!





LINGUA CASTELÁ

Y continuamos con repasos, de dos tipos de palabras que nos quedaron un poco "cojas": preposiciones y conjunciones


Por cierto, ya que hablamos de "tipos de palabras", no os olvidéis ya nunca de los 8 tipos que hemos dado en 5º y 6º  e incluso antes. En Secundaria vais a trabajar mucho con ellas, además continuaréis con el análisis sintáctico de oraciones que nos quedó truncado por el coronavirus, solo vimos el sujeto y el predicado.

Os dejo aquí un fabuloso esquema sacado de otro blog donde están perfectamente claras los tipos de palabras y su clasificación



CIENCIAS NATURAIS

Ben, supoño que fixestes a avaliación da unidade 3, déixovos as solucións para aqueles e aquelas que queirades comprobar que o fixestes ben


E hoxe comezariamos o repaso do tema 4, pero foi do que fixemos o traballo do coronavirus, así que preferín poñervos un vídeo sobre o sistema inmunolóxico. A ver se sodes capaces de facer un pequeno resumo ou esquema. Ao final fálavos do VIH (Virus da Inmunodeficiencia Humana), que orixina enfermidades coma a SIDA e seguro que relacionades fácimente co coroavirus e o desenvolvemento da enfermidade COVID-19.

O importante é que entendades cal son as barreiras protectoras do corpo humano, externas e internas, así como a función dos fagocitos e dos linfocitos.


E nada máis. Desfrutade da fin de semana!! 😋😋


xoves, 11 de xuño de 2020

XOVES 11 DE XUÑO

Xa falta menos!! 7 días lectivos... SETE, SEVEN, SIETE, 7!! En nada estades de vacacións e en outro nada estades no instituto, suponse, en setembro, con mascariña, xeles, distancias... En fin como nos cambiou a vida. A semana que vén falaremos un pouco de todo isto e o venres 19 despedirémonos cunha videoconferencia, a ver que tal vai. 😋😋😋. Xa mandei o traballo de Francés ás vosas familias, así que imos co noso.

LINGUA GALEGA

Ben, estabamos cos verbos, así que hoxe unha actividade moi divertida dun profe chamado Suso Portela que repasa a conxugación verbal galega e seguro vos rides e aprendedes.



CIENCIAS SOCIAIS

Como vistes onte, hai unha explosión racial nos EE. UU a consecuencia do asasinato de George Floyd por un policía. Se recordades os temas de Historia, vimos que en España, dende finais do século XX ata a actualidade houbo unha importante chegada de inmigrantes ao noso país. Anteriormente fomos os españois os que emigramos, primeiro a América (antes de Guerra Civil) e despois a Europa, a partires da década dos 60. Alemaña, Francia, Reino Unido, Suíza, Bélxica e os Países Baixos foron os países que máis emigrantes españoles recibiron.

Esa inmigración trae como consecuencia moitas veces, racismo e xenofobia. No caso dos EE. UU. a situación é máis indignante xa que a poboación negra foi levada a traballar alí como escravos no s. XIX e, aínda que a escravitude foi abolida hai moitos anos, situacións de escravización da xente vívense aínda hoxe, tamén en España.

Esta mesma semana en Lleida, o futbolista do Monaco Keita Baldé denunciaba que el pagaba o aloxamento a moitos inmigrantes senegaleses que están recollendo froita temporalmente e están vivindo en condicións de pouca hixiene; pois moitos hoteis NEGÁRONSE aínda pagando el dos seus cartos a aloxar a estas persoas. Podedes ler a noticia aquí e vedes que é unha mostra clara de que o racismo existe.


Aparte disto, ides ver dous vídeos sobre as migracións e o racismo e vouvos plantexar dúas preguntas



Preguntas

1) É positivo (ou non) para o noso país que haxa inmigración? Por que?
2) Cres que hai xente en España que estaría disposta a facer os traballos que realiza a maioría das persoas que chegan ao noso país para traballar (coidados de anciáns e nenos nas casas, traballos agrícolas, na hostelaría...)?
3) Coñeces a alguén que lle ocurrise o mesmo que á rapaza do segundo vídeo? Como sería a túa reacción se ocurrise diante de ti?

Son preguntas para reflexionar e para que pensedes que persoas fan os traballos que moitos españois e españolas non queren realizar, moitas veces de forma totalmente invisible.

MATEMÁTICAS

Bueno, hoy seguimos con las fracciones, pero es más una curiosidad que ejercicios de cálculo. Vais a leer un texto sobre la historia de la escritura de las fracciones en distintas culturas, a ver qué os parece





LINGUA CASTELÁ

Y por último una comprensión lectora sobre un lugar también histórico y único: el Coliseo de Roma




PD.: Nunca estiven en Roma!!!! 😑😑😑


mércores, 10 de xuño de 2020

MÉRCORES 10 DE XUÑO

Xa estamos no mércores, un día xeralmente de moito traballo, estabamos todo o día xuntos menos a hora de Ed. Física. Así que comezamos.

MATEMÁTICAS

Hoy comenzamos con PROBLEMAS, a ver cómo se os dan. Recordad una cosa. En Primaria lo más importante de la asignatura de Matemáticas es:

  • Cálculo, con todo tipo de números (naturales, enteros, decimales, fracciones...)
  • Medida: Sistema Métrico Decimal y equivalencias, medida de ángulos y tiempo
  • Geometría: las figuras planas, los poliedros...
  • Resolución de problemas: aplicando todo lo anterior a situaciones de la vida diaria.
Si os acordáis, usábamos mucho en clase los folletos de Carrefour o de Lidl para calcular y para hacer listas de la compra, calcular porcentajes, etc. Eso es FUNDAMENTAL y más o menos todos y todas habéis ido avanzando en ello.

Entonces, hoy los problemas son de fracciones, así que lo más importante es FIJARSE bien para realizar correctamente el planteamiento de lo que se os pide y después no fallar en el cálculo, porque si el razonamiento lo hacéis bien pero luego falláis en una suma o una multiplicación, por ejemplo, no sirve de nada. Así que procurad tener esas estrategias de resolución de problemas más que asimiladas porque en Secundaria os van a hacer muuuuuucha falta.





CIENCIAS SOCIAIS

Hoxe repasamos a situación de España no século XX. Recordade que en 1898 perdéronse as últimas colonias españolas en América e Asia e iso fixo que o noso país tivese un "baixón" tanto a nivel económico como tamén psicolóxico e social. Pero os dous grandes acontecementos nos primeiros anos en España foron a II República  (1931 - 1936) e a Guerra Civil (1936-1939).

Posteriormente chegou un período de case 40 anos de dictadura con Franco, período do que sabedes moitas cousas porque xa os vosos avós e avoas e incluso quizáis os vosos pais e nais viviron nela e non sempre moi ben.

En 1975 comezou a transición á democracia, período de 3 anos ata que se aprobou a Constitución de 1978, a que está en vigor hoxe en día e da que tamén sabedes moitas cousas. Este período democrático que estamos a vivir é o máis longo da nosa historia, cunha alternancia de partidos de esquerda ou dereita no Goberno e con situacións puntuais de moita bonanza económica ou de crise. Xa no século XXI a crise sanitaria que estamos a vivir aparecerá nos libros de Historia, non só pola situación sanitaria, senón sobre todo porque haberá un importante baixón económico e repercutirá en todas as persoas do país, especialmente nos traballadores e traballadoras... pero iso vos tocará aprendelo máis adiante. Simplemente, pensade que estades a vivir un momento histórico e todos e todas, dun xeito ou outro, sentiremos que haberá un antes e un despois do coronavirus, en España e no mundo.

Ben, non me "enrollo" moito máis. Déixovos a ligazón para facer e como vedes, a cronoloxía remata en 2014, que foi cando se fixo o libro de texto que empregamos na clase. Só vos pido que engadades algo máis dos últimos anos e que sexa moi importante para a historia recente do noso país. Seguro que tedes moitas ideas, pero que sexan realmente importantes a nivel NACIONAL. Eu penso concretamente en tres, a ver se dades con elas 😉😉😉


Ilústrovos a entrada cunha foto dun momento moi importante na Historia de España do século XX. Poderiades averiguar cal? Podedes poñer a resposta nos comentarios do blog.




LINGUA GALEGA

Ben, hoxe imos repasar os VERBOS e mañá... máis divertido, xa veredes, por iso vos poño hoxe este repaso. Recordade unha das frases míticas do "profe": "NON EXISTEN TEMPOS COMPOSTOS EN GALEGO!!!" 😂😂😂😂





CIENCIAS NATURAIS

Pois nada, seguimos co repaso. Póñovos unha avaliación da unidade 3, que seguro que saberiades facer perfectamente





E para rematar só unha reflexión. Estes días seguro estades a ver moitas manifestacións en todo o mundo, pero principalmente nos Estados Unidos, en contra do racismo, a raíz do asasinato por un policía dun cidadán negro que se chamaba George Floyd. Se estivesemos en clase falariamos disto, xa que aínda que en teoría unha persoa negra ten os mesmos dereitos ca unha persoa blanca, no día a día de países como Estados Unidos non é así, aínda existe moita discriminación racial. George Floyd xa é un símbolo contra a discriminación e aquí, como homenaxe a todas as persoas diferentes pola súa cor de pel, deixo unha foto co xeonllo en terra, o símbolo de loita contra esa discriminación.


martes, 9 de xuño de 2020

MARTES 9 DE XUÑO

Bo día!. Como vai todo? Hoxe é un día tranquilo e de vagariño imos avanzando cara ao final do curso

LINGUA GALEGA

Como vedes, hai días que escribo moi pouco. Se estivesemos na clase estariamos cos controis finais. Recordade que o máis importante nas linguas é saber comprender correctamente un texto, do tipo que sexa, por iso case sempre vos mando unha comprensión lectora.

Hoxe é "de risa" así que agardo que vos guste.




MATEMÁTICAS

Seguimos con las fracciones y hoy va de operaciones de multipliación y división, también con números mixtos.



LINGUA ESPAÑOLA

Por último, volvemos a "INVISIBLE". Supongo que acabasteis el libro y que el final... os emocionó y sorprendió 😞😞😞. La cruda realidad es que sabéis que hay casos en España, en Galicia, en A Coruña... que terminan mal. El acoso escolar, el "bullying", está ahí y nos quedamos sorprendidos cuando alguien conocido o conocida está sufriendo acoso. 

Primero vais a ver un cortometraje y vais reflexionando un poco. Se titula "Valiente"

Y ahora os voy a dar un enlace que me pasó Eloy Moreno, el autor de "Invisible", sobre un caso real en Burgos. 


Os quiero pedir un poco de creatividad. Los que hayáis terminado el libro me gustaría que inventaseis otro final. La profesora que defendía al protagonista logró salvarle casi en el último momento. ¿Qué otro final le darías tú a la historia? ¿Qué pensáis que haría Kiri o el resto de protagonistas con respecto al acosado? ¿Y la directora del centro?. Intentad imaginar un final positivo y me lo enviáis, ya sabéis, es voluntario, pero me gustaría saber vuestras opiniones y creatividad.


¡Hasta mañana!



luns, 8 de xuño de 2020

LUNS 8 DE XUÑO

Bo día. Xa só quedan dúas semanas. Intentarei que estes 10 días teñades pouco que facer, que sexa de repaso e sobre todo, divertido, esta semana xa hai algunha actividade que penso tamén vos vai gustar. Comezamos!!!

VALORES

El viernes fue el Día Mundial del Medio Ambiente y hoy es el Día de los Océanos. Vamos a ver un vídeo relacionado con estas dos conmemoraciones, "Choiba" y luego os propongo una actividad.


Como veis, este vídeo trata sobre especies en peligro de extinción. Y en esta web hay un listado de esas especies.


Lo que os propongo es una actividad en la que escribáis una acción que llevaríais vosotros a cabo para evitar que se extinga uno de los animales reseñados, lógicamente no es lo mismo, por ejemplo, para un animal acuático, terrestre o un ave. ¿Qué acción propondríais para evitar que esa especie se extinga? Podéis enviármela en un documento de texto al correo, explicada en pocas líneas

Y por último: que sepáis que la pandemia ha traído buenas noticias en lo que respecta a la conservación de las especies en peligro de extinción. Durante estos meses varias cámaras han grabado osos pardo en los Montes do Invernadoiro en Ourense (hacía más de 150 años que no se tenía constancia de ello) y en la Serra do Courel en Lugo. Os dejo dos pequeños vídeos por si los queréis ver.





MATEMÁTICAS

Esta semana la vamos a dedicar a las fracciones. ¡¡Síiiii!! Ya sé que alguno o alguna está temblando, peeeero... hay que repasar. Hoy os pongo en Google Drive una fotocopia de sumas y restas, muy fácil. Acordaos de que para sumar o restar fracciones tienen que tener EL MISMO denominador, y si no lo tienen hay que calcularlo (MCM).


CIENCIAS SOCIAIS

Comezamos o repaso do século XX. Curiosamente sabedes que nos primeiros anos dese século houbo unha gran guerra (a I Guerra Mundial) que deixou millóns de mortos en Europa. Hai poucos días, cando falamos de Eurovisión, púxenvos unha foto dunha das miñas viaxes que saquei precisamente no lugar onde comezou esa guerra.



Nesa placa está escrito en bosnio e inglés que xusto aí asasinaron ao herdeiro do trono do Imperio Austro-Húngaro, Francisco Fernando, e á súa muller, o que desencadenou a declaración da guerra entre moitos países. Este acontecemento tivo lugar en Sarajevo, daquela pertencente a ese territorio, unha das potencias europeas a principios do século XX.

A guerra durou catro anos, ata 1918. España non participou nesa guerra, pero xa dende finais de 1917 desencadenouse unha pandemia como a que estamos a vivir agora, chamada "gripe española" e non porque xurdira aquí, senón porque foi a prensa española quen máis informaba do virus xa que non tiña censura por non estar participando na Guerra Mundial. Só quero que leades esta información de prevención que publicaron en Burgos para que comparedes co que estamos a vivir hoxe coa nova pandemia do coronavirus.


E por que vos conto todo isto? Porque sempre vos digo que a HISTORIA é coñecer o pasado para entender o presente e non cometer os mesmos erros no futuro... a ver se despois de 100 anos aprendimos algo.

Posteriormente a esta pandemia que matou a 50 millóns de persoas en todo o mundo, houbo unha época de bonanza económica, coñecida como "Belle Epòque", que rematou cunha crise bursátil en 1929 en Nova Iork. Isto fixo que os movementos de extrema dereita como o fascismo e o nazismo collesen pulo e de aí á chegada de Hitler ao poder en Alemaña e ao inicio da II Guerra Mundial pasaron só 10 anos. 

Pois ben, hoxe imos repasar todo isto, ademáis recordade que en España vivimos tamén unha guerra civil, de 1936 a 1939, da que xa tamén sabedes moitas cousas, agardo que o repaso vos sexa fácil






Continuamos mañá. Apertiñas!!





venres, 5 de xuño de 2020

VENRES 5 DE XUÑO

Chegamos ao final doutra semana e xa nos quedan só dúas. Estamos a piques de poñer as notas, pero xa sabedes que tedes que estar tranquilos, fixestes moito traballo e o instituto vos agarda.. é como sempre vos dixen iso é PRIMEIRA DIVISIÓN.

MATEMÁTICAS

Hoy os pongo simplemente un juego, llamado "El cambiaficha". Solo tenéis que seguir las instrucciones y conseguir el objetivo de cambiar las fichas de un color por las del otro. ¿Fácil? Yo creo que sí 😊😊



LINGUA ESPAÑOLA

Como ya tenéis los diccionarios (aunque creo que no os van a hacer falta) y si no los tenéis podéis consultar alguno online, que ya sabéis localizarlos: El trabajo de hoy es de de palabras homónimas (se pronuncian igual pero se escriben distinto y tienen distinto significado). Es muy fácil





CIENCIAS NATURAIS

Hoxe comezamos o repaso da unidade 3, a función de reprodución, que foi un dos temas que mellor aprendistes e polo que tiñades máis curiosidade...


E vos poño tamén as solucións da avaliación 2, para que vós mesmos sexades capaces de facer autoavaliación




E nada máis. Ata luns!! 😀😀

xoves, 4 de xuño de 2020

XOVES 4 DE XUÑO

Hoxe comezades con FRANCÉS que envío ao correo das vosas familias.


LINGUA GALEGA

Chegou o momento, agardo que vos guste! Cando os mestres a principios de curso programamos as actividades complementarias, este ano íamos participar nunha que fai o Depor chamada "ESCOLAS BRANQUIAZUIS". Visitaríamos as instalacións do noso equipo de fútbol, o estadio de Riazor, etc. Dende a organización do clube, quixeron que esta actividade non se perdera e convocaron un CONCURSO que vos propoño.

Voulles mandar ás vosas familias as bases do concurso e o correo electrónico que nos mandaron ao colexio, pero básicamente consiste en un concurso de REDACIÓN (lóxicamente en galego) e outro de DEBUXO baixo o título "Os nosos valores - Escolas 110% branquiazuis". Déixovos aquí as bases cos premios


O tema dos traballos estará  baseado no RC Deportivo e a súa vinculación cos seus seguidores, a súa cidade e comarca e os valores positivos do Deporte. 

Vós podedes facelo moi ben, pero todo tedes que facelo vós seguindo estrictamente as bases. Lóxicamente non é obrigatorio, pero podedes gañar algún dos premios que hai!! Se queredes, unha vez feita a redación e antes de enviala, podo corrixírvola, así que os e as que vos animedes, enviádema e imos vendo que tal. Por certo, o prazo remata o día 19 de xuño, así que tendes tempo. ÁNIMO!!


CIENCIAS SOCIAIS

Para rematar este repaso do s. XIX, vouvos poñer un vídeo que conta a historia dunha muller granadina chamada Mariana Pineda.



E despois de velo, lede esta noticia que se publicaba en "La Voz de la Escuela" de La Voz de Galicia sobre esta muller


Entón, podedes contestar a unhas preguntas?:

  • Quen reinaba en España cando ocurriron estes feitos?
  • Como era o goberno dese rei e por que se caracterizaba o absolutismo?
  • Existía unha Constitución?
  • Pensas que Mariana Pineda é unha heroína ao estilo da nosa María Pita?
  • Que opinas de que se lle condenara a morte por facer a bandeira?
É un vídeo e unha noticia para saír un pouco da rutina do libro e rematar o s. XIX. A semana que vén veremos o s. XX

LINGUA CASTELÁ


Hoy hacemos una comprensión lectora de mitología griega, la historia de Deméter y Perséfone.





MATEMÁTICAS

Y hoy en Matemáticas cálculo mental y calculadora, ya veis que cada vez es menos cantidad para que no os agobieis. Además, habéis trabajado bien ayer estuve con vuestros padres y vuestras madres y aún algunos me trajeron más trabajos vuestros, así que ya va tocando descansar un poco. ¡En pocos días acabará el curso! 








mércores, 3 de xuño de 2020

MÉRCORES 3 DE XUÑO

Chegamos ao mércores, e seguimos con cousas de repaso.

MATEMÁTICAS

Continuamos con el MCM y el MCD y os planteo unos problemas. Espero os resulten fáciles.


No os voy a poner más de mínimo común múltiplo y máximo común divisor, así que espero que el repaso haya servido



CIENCIAS SOCIAIS

Como vai ese século XIX? Acordádesvos que a Revolución Francesa marca o inicio da Idade Contemporánea e de non acontecer, nada do que vivimos hoxe estaría pasando. Supuxo un cambio de moitas cousas a nivel económico, social, político e cultural, pero sobre todo, no xeito de vivir das persoas coma vós ou coma min. Acadáronse dereitos e liberdades individuais que antes non existían e aínda agora hai países que non as teñen ou estamos a conseguir outras.

Por iso estudar Historia, aínda que non vos guste tanto, é moi importante porque é importante coñecer o pasado para entender o presente e mellorar como sociedade no futuro. Nótase que me gusta, eh?

Sen máis rollo, seguimos co repaso. Na ligazón hai tres fotocopias sobre diferentes aspectos do século XIX, especialmente sobre as clases sociais.





LINGUA GALEGA

Hoxe repasamos un tipo de palabras, os posesivos, e tamén algo de acentuación. Recordade que os posesivos en galego sempre levan o artigo agás nunhas contadas excepcións.


E mirade: atopei nun último momento este chiste que me serve para facervos unha pregunta. Que dúas variantes lingüísticas propias de certos lugares de Galicia aparecen nun dos "bocadiños"?



CIENCIAS NATURAIS

E para rematar o día, seguimos co repaso. Fago o mesmo que co tema 1, intentade facer esta avaliación sen libro sobre os aparatos do corpo humano que deramos no tema 2, seguro que vos é moi sinxelo.





Nada máis por hoxe, ata mañá! Preparádevos os futboleiros!!! 😁😁