venres, 29 de maio de 2020

VENRES 29 DE MAIO

Chegamos á fin doutra semana, xa queda menos e xa queda pouco para rematar o curso, que sempre recordaredes como o atípico 2020.

MATEMÁTICAS

Hoy vais a hacer algo de manualidades... y geometría. En la hoja que os pongo en el enlace hay unas instrucciones para construir un cuadrado desde un triángulo equilátero (los tres lados iguales). Lo ideal sería que la imprimierais y la recortaseis, pero si no podéis hacerlo vosotros dibujando un triángulo EQUILÁTERO y siguiendo las instrucciones, ¡a ver si os sale!





LINGUA ESPAÑOLA

Hoy seguimos con el repaso del grupo nominal, como ayer en Lingua. Va en pdf, porque al convertirlo a Word no sale ni la mitad del documento, así que si lo podéis imprimir, fantaástico, y si no, podéis contestar en el cuaderno o en un archivo de Word.



CIENCIAS NATURAIS

E aquí seguimos tamén con repaso e reforzo. Primeiro vos poño as solucións á folla que vos enviei o mércores, así vós mesmos comprobades se fostes capaces de respostar a esa avaliación do tema 1 e do que vos acordabades


E no tema 2 comezamos a dar os aparatos do corpo, así que aí vos vai algo de repaso deste tema




E así chegamos ao final da semana, con moita calor, seguro que ides á praia pero recordade sempre seguir as normas de seguridade de hixiene e distanciamento social. Pasádeo ben!





xoves, 28 de maio de 2020

XOVES 28 DE MAIO

Bo día. Imos rápido. Primeiro, FRANCÉS, que lles mandei o traballo ás vosas familias por correo electrónico.


LINGUA GALEGA

Comezamos cun xogo de Pasapalabra que fixo outro mestre galego na páxina www.aulasgalegas.org. Aproveito para dicirvos que esa páxina está chea de moitas actividades que mestres e mestras galegxs foron facendo durante a corentena.

Había o pasatempo e decidín poñérvolo hoxe para que non sempre sexa lectura e repaso. Premede na ligazón e... comenzade o xogo!!




CIENCIAS SOCIAIS

O prometido hai que cumplilo e sei que vos presta, así que ide á ligazón exogade ao KAHOOT! de Europa. Poñede o voso nome de verdad!


(código 09923487)



E aquel ou aquela que averigüe como é posible que estea sentado con eses dous escritores sendo A MESMA estatua pero separadas entre si centos de quilómetros, ten UN POSITIVO. Só vos dou unha pista: as estatuas están en dous países de Europa moi distantes entre si e, lóxicamente, teñen relación. Tamén vos digo que as fixen as dúas fotos con 7 anos de diferencia, 2008 e 2015. Veña, a investigar!

MATEMÁTICAS

Bueno, ahora sí vais a hacer algo de trabajo. Otro repaso de matématicas, hoy problemas de números positivos y negativos. Ya subo la hoja en pdf para que no os dé problemas



LINGUA ESPAÑOLA

Y terminamos con una comprensión lectora, podéis enviármela. ¡Hasta mañana!








mércores, 27 de maio de 2020

MÉRCORES 27 DE MAIO

Bo día. Seguimos con actividades de reforzo, repaso e ampliación. Os mércores sempre era o día máis "duro" porque había asignaturas de máis peso, así que trato de que xa non se vos faga costa arriba. ¡Ah! Que non fai falla que enviedes todo, só o que vos indico, dacordo? 😉😉. Imos aló


MATEMÁTICAS

El resultado de los ejercicios de ayer ya los comprobasteis con la calculadora (espero). Así que hoy os voy a poner un repaso de operaciones


Os va en pdf porque si lo hago en word se descolocan los números en la recta. Podéis hacerlo en el cuaderno, es REPASO, no hace falta que lo enviéis


CIENCIAS SOCIAIS

Ben, xa teño preparado o kahoot para mañá!! Repasade un pouco do relevo, os climas e os países de Europa e as súas capitais, é moi fácil. 

Mentres, outra ficha de repaso de todos eses conceptos que aprendimos con Eurovisión, así polo menos a idea de pertenza a un mesmo continente cun xeito de vida similar entre todos os países queda asentada.


Recordade que non é o mesmo EUROPA que a UNIÓN EUROPEA. Nesta última, que a demos en 5º, atopamos 27 países (despois da saída en xaneiro do Reino Unido), nós pertencemos a ela e trátase dunha unión a nivel económico que nos inflúe moito na vida do noso país, de feito parte da reconstrución económica "post-COVID" será grazas aos fondos europeos, aínda que sabedes que hai países (como os Países Baixos) que se opuxeron a esas axudas para Italia e España... Isto xa é outro conto!



LINGUA GALEGA

Tamén aquí imos con REPASO: o grupo nominal e o uso das maiúsculas. Son materiais que nos pasaron as editoriais e que vos sirven para afianzar contidos. Vai en word. Se se vos "descoloca", decídemo e súboa en pdf






CIENCIAS NATURAIS

Tamén aquí seguimos con repaso. A ver se vos acordades de cousas do tema 1. Recordades que sempre vos dícía que deberiamos facer un control sen avisar? eu ben sei que os contidos do tema 1 quedan mooooooooi lonxe e que os que sacastes un 7, 8, 9... nos controis hoxe ao mellor non chegabades a un 5. Non pasa nada! É NORMAL. 

Pero intentádeo. Se algo tedes que sacar en limpo deste confinamento é que debedes chegar a ser conscientes do que sabedes, sen preocuparvos de ESTUDAR. E que eu estou convencido que sabedes moitas máis cousas das que demostrades nun control oun nun exercicio. Pois comprobádeo vós mesmos coa seguinte fotocopia que sería unha avaliación desas que nos pasan as editoriais e ás veces botamos man dela para facer iso, avaliarvos. Hoxe non é así. Simplemente, intentádeo







ATA MAÑÁ!! 👋👋


martes, 26 de maio de 2020

MARTES 26 DE MAIO

Bo día. Comezamos cun pequeno agasallo. Onte estiven no colexio e loxicamente na aula. Mirade.




Bótasevos en falta, as cousas como son. Un colexio sen nenos e nenas, non ten sentido. 😥😥


LINGUA GALEGA

Comezamos. Hoxe só un texto de comprensión lectora. Non fai falla que o mandedes.




MATEMÁTICAS

Las respuestas de ayer os las digo yo:

  • Escribe con cifras:
32.012.000
400.800.001
16/12
8/20
3,012
  • Aproxima cada número al orden indicado
Centenas de millar: 400.000 - 4.700.000
Millones: 7.000.000 - 13.000.000
Unidades: 5 - 13 - 310
Décimas: 9,3 - 37,4 - 426,1

Y hoy vais al enlace para hacer cálculo mental y luego podéis usar la calculadora. Está en pdf porque parece que no se descuadra si lo pongo en word. Si no podéis imprimirlo en casa, podéis hacerlo en el cuaderno. 


LINGUA ESPAÑOLA

Y hoy también simple, un REPASO de acentos que me mandáis, a ver si ya lo aseguráis perfectamente


Y se acabó el día. Poquito y simple 😉😉. ¡Hasta mañana!







luns, 25 de maio de 2020

LUNS 25 DE MAIO

Comeza a semana. Dicirvos que quedarían 4 semanas de clase, o que serían:
  • 4 clases de Valores
  • 8 de CC. Naturais
  • 12 de Lingua, Lengua e Ciencias Sociais
  • 20 de Matemáticas
O meu obxectivo nestas semanas será REPASO, REFORZO e AMPLIACIÓN dos contidos de 6º e, en definitiva, de toda a Ed. Primaria, non imos facer nada que sexa "novo" por dicilo así. E os mestres teremos que poñervos as notas en 3 semanas, así que os traballos que vos indicamos mandar, facédeo. Procuramos que o voso paso ao instituto sexa o máis doado posible, dada a situación. E unha vez en setembro, a ver que acontece e como se vai desenvolver o curso 2020/21, tampouco será moi "normal" porque haberá que seguir coa distancia social, mascariñas e moita hixiene, pero vós xa no instituto e alí son conscientes e saberán como fixemos no colexio e que cousas terán tamén que reforzar ou ampliar.

Dende hoxe luns os mestres e as mestras iremos polo colexio, non todos os días nin cun horario estricto. As vosas familias saberán cando, como e con que medidas poden pasar por alí para recoller as cousas que deixastes na aula e outra documentación oficial, por todo iso non vos preocupedes. Ah! E non esquezades ir facer a foto para a orla, esta é a última semana!

VALORES

Como es habitual en las últimas semanas, hoy también os pongo un corto animado para hacer una reflexión. Lo véis en el enlace a continuación


Hoy sí os mando hacer algo, muy cortito (también hay nota de Valores!!). Se trata de que me expliquéis en un pequeño texto (8-10 líneas), que significa la palabra COOPERAR y que me contéis una situación en la que habéis "construído puentes", para resolver un problema. Cuenta si has hecho alguna vez de “mediador” o te has visto en una situación de conflicto y cómo hiciste para resolverlo.

MATEMÁTICAS

Os pongo las soluciones a la ficha de "Tratamiento de la información" del pasado viernes


Y de repaso, dos ejercicios facilísimos de numeración, son de los repasos trimestrales del libro, pero os los pongo aquí.



CIENCIAS SOCIAIS

Primeiro, non recibín traballos do país de Europa dalgúns e algunhas de vos. Doutros sí, e teño moita información de lugares como Portugal, Suecia, Italia, Alemania, a Rep. Checa ou Macedonia do Norte, por citar só algúns. Moi ben feitos!! O de Macedonia do Norte é unha pasada e xa felicitei á persoa que o fixo mandándolle un correo. 

Hoxe e o mércores vouvos mandar facer un REPASO de Europa con fotocopias que vos enlazo aquí. E o xoves... Kahoot!! Aínda non o teño feito pero agardo que vos acordedes de montes, ríos, países, capitais... ao mellor incluso o fago con algunha sorpresa, 😄😄😄

Xa que logo, hoxe facedes esta fotocopia que subo a Google Drive sobre climas e paisaxes de Europa (MELLOR EN PDF!!)


E nada máis por hoxe. Ata mañá!!



venres, 22 de maio de 2020

VENRES 22 DE MAIO

Último día da semana, venres. Agardo que esteades indo facer a foto da orla, eu xa fun! Tedes aínda unha semana de plazo. Agora, imos co traballo.


MATEMÁTICAS

Primero, la solución al ejercicio de ayer del climograma, la primera oración y la tercera son ciertas, las otras dos no.

Y hoy os dejo en Google Drive un ejercicio para terminar este apartado de estadística. A partir del lunes ya solo haremos repaso de los contenidos básicos del curso y, en definitiva, de Primaria.



Os voy a poner de regalo este pasatiempo. Os dejo las instrucciones y a ver si sois capaces de hacerlo.






LINGUA CASTELÁ

Como en lingua galega vimos los puntos suspensivos, en castellano su uso es exactamente igual, así que hacéis unos ejercicios del libro de la página 181, ejercicios 5, 6, 8, 9, y 10





CIENCIAS NATURAIS


Comezamos a facer repaso dos contidos. Déixovos unha folle en Google Drive para repasar do tema 1, a ver se vos acordades de cousas que xa sei que os libros están na clase, non vos preocupedes por iso.




E xa máis nada. Ata luns!


ACTUALIZACIÓN

Ante o comentario que fixo Alejandra, vouvos poñer un pantallazo de como o vexo eu no meu ordenador.


Entón, o que debedes facer é DESCARGALO facendo clic no icono marcado pola frecha vermella. Cando o descarguedes no voso ordenador, podedes escribir nel porque está en Word (formato .docx). ¡¡OLLO!! Non o abrades onde pon "Abrir con documentos de Google" porque entón é cando se descoloca todo.

Apertiñas!!!

xoves, 21 de maio de 2020

XOVES 21 DE MAIO

Bo día. Hoxe comezades con Francés que xa mandei ao correo electrónico das vosas familias. Recordade que as actividades de francés tedes que enviárllelas a Juan.


LINGUA GALEGA

Esta semana seguimos co libro de clase. Póñovos as solucións aos exercicios de vocabulario.




E continuamos repasando os signos de puntuación, hoxe o punto e coma (;) e os puntos suspensivos (...), que xa vimos en castelán. Nas páxinas 168 e 169 tedes de novo a explicación e facedes os exercicios 2, 3, e 4




LINGUA CASTELÁ

Hoy voy a poneros una REDACCIÓN que me tenéis que enviar, es un ejercicio de expresión escrita. Os la tenía que haber puesto el martes pero se me pasó. El tema es sobre Eurovisión, pero no del festival en sí, sino de la experiencia de aprender los contenidos de Europa a través de este evento. 

Me gustaría que hicieseis un texto, sin medida de líneas (tampoco os paséis de la rosca), donde contaseis qué os pareció la experiencia y si os sirvió para aprender mejor los contenidos referidos al relieve, los países, etc.

Recordad varias cosas:

a) La redacción es un texto que tiene que tener INTRODUCCIÓN, NUDO Y DESENLACE

b) Podéis pensar en lo que conocíais antes del Festival de Eurovisión y de lo que conocéis ahora, así como de lo que conocíais antes de Europa y lo que aprendisteis con estas actividades

c) Es muy importante que expreséis VUESTRA OPINIÓN sobre las actividades que os propuse y sobre el evento en sí, pero ¡ojo! No sirve decir "me gusta" o "no me gusta", hay que dar una explicación de lo que os gusta, por qué os gusta, qué cambiaríais... o si no os gusta lo mismo. Y sobre todo a nivel emocional, ¿qué os transmite oír, por ejemplo, una canción en griego, en polaco o en romanche?

d) Y sobre todo, valorad si os gustaría que en vez de dar las clases por un libro de texto os gustaría que fuesen todas a base de experiencias y proyectos de este tipo. Ya sé que la situación de confinamiento es excepcional y lo hubiésemos hecho con grandes mapas y murales en el aula, pero me refiero más al método de trabajo: prescindir de los libros e investigar sobre un tema.

e) Por último, ATENCIÓN A LA ORTOGRAFÍA, a la puntuación y a la expresión de ideas, voy a valorarlo mucho, ya lo sabéis.

¡A ver qué os sale! Podéis hacer la redacción en un documento de texto, ponerle alguna foto si os apetece y mandádmela por correo electrónico. ¡Y espero que lleguen 27 redacciones!


MATEMÁTICAS


Soluciones a los ejercicios de ayer


¿Os acordáis que en Sociais aprendimos a hacer climogramas? Pues en el libro de Matemáticas hay un ejercicio que tiene que ver con esto y la estadística, de hecho un climograma no deja de ser un gráfico estadístico.

En la página 201 hay un ejercicio que es el que os mando hoy


Y nada más. Acordaos de seguir haciendo el trabajo de Sociais. Os dejo un enlace para un JUEGO sobre los países de Europa, así también os sirve para entreteneos y aprender.

Explora Europa

El lunes 25, último día de entrega. ¡Hasta mañana!

mércores, 20 de maio de 2020

MÉRCORES 20 DE MAIO

Bo día. Agardo que o traballo de Sociais vaia saíndo e que poñades interés en facelo. A ver como vos sae. Comezamos co resto das asignaturas de hoxe, que sabedes que tedes... KAHOOT!!! 😎😎😎


MATEMÁTICAS

Soluciones al ejercicio de ayer


Y de la página 194 hacéis el "Control de calidad", solo el ejercicio 1



LINGUA GALEGA

Primeiro as respostas á comprensión lectora de onte. Algunhas, lóxicamente, son de resposta libre.



E continuamos no libro co vocabulario da páxina 165, onde aprendemos palabras sobre a cova, o lugar onde vivía o ciclope, e tamén os estranxeirismos, que os usamos moitísimo e xa falamos deles algún día na clase, por exemplo, dicimos "pen-drive" ou "software" para indicar obxectos que teñen que ver coa informática



CIENCIAS NATURAIS

Pois imos ao KAHOOT! Recordade: entrade co voso nome e só unha vez, agardo que o que fixestes nos "power point" do tema 5 vos servira para aprender un pouco. Eu coido que é MOI DOADO.

Aquí tedes a ligazón e o código por se falla


(05674797)



Nada máis por hoxe, non deixedes o traballo de Sociais para o último día!!



martes, 19 de maio de 2020

MARTES 19 DE MAIO

Bo día a todos e a todas. Comezamos!!

LINGUA GALEGA

Hoxe volvemos coller o libro para ler a lectura do tema 11, "O CÍCLOPE" e facemos os exercicios de comprensión lectora da páxina 164: 2, 3, 4, 8 , 9 e 10



MATEMÁTICAS

Os pongo las soluciones a los ejercicios de ayer.


Y hoy hacemos solamente el ejercicio 6 de la página 192


LINGUA CASTELÁ

Y toca lectura también. Vais a leer "Un navío majestuoso", página 176 del libro. Como curiosidad os diré que yo estuve en Estocolmo y lo vi, tienen a este barco dentro de un museo, os dejo unos enlaces de Internet para curiosear.





De los ejercicios de comprensión lectora hacéis 1, 3, 4, 6, 7, 8, y 9.

Y nada más por hoy. Solo tenéis que usar los libros de clase. ¡Hasta mañana!

luns, 18 de maio de 2020

LUNS 18 DE MAIO

Benquerid@s rapaces e rapazas, primeiro un regalo 😀😀💙💙💙



A que vos gustou? Algúns medrastes moito!! Que gañas de vervos!!

Ben, estamos xa indo cara a fin do curso!! Entramos nas últimas semanas e xa podedes dar por seguro que non volveremos todos xuntos ao colexio. Quedaría un mes de clase normal, a ver se polo menos podemos vernos aínda que sexa a nivel individual de aquí a xuño, xa iremos vendo qué acontece.

Mentres, acordádevos de ir polo fotógrafo para sacar a foto para a vosa orla final de etapa. As vosas familias teñen os datos da tenda á que tedes que ir ANTES DO DÍA 31 deste mes, así que só vos quedan dúas semanas.

Procurade tamén aqueles ou aquelas que me enviades poucos traballos, que o fagades, xa mandei un correo advertido que é necesario ter constancia de que facedes, alomenos, o que vos pido, non todo o que poño aquí, pero si o que considero imprescindible. Moitos e moitas de vós estades tendo un moi bó ritmo de traballo, non podo poñer aquí quen son, pero tamén sabedes os que non mandades case nada e xa levamos dous meses de confinamento. Esta semana pídovos algúns traballos, chamémoslle así, "obrigatorios", para que me entendades, pero imos pouco a pouco.

VALORES

Hoy vamos a ver un corto animado titulado "THE PRESENT". Podéis activar los subtítulos en galego o castellano.


Quiero que escribáis un pequeño texto (6-8 líneas) donde expresemos cómo sería nuestra vida ante una disfuncionalidad como la del niño o el perrito y qué enseñanza o “moraleja” sacáis en conclusión del regalo que recibe el niño.

MATEMÁTICAS

Esta semana vamos a seguir trabajando conceptos de estadística y a partir de la semana próxima ya será todo REPASO y REFUERZO de lo que hicimos en el curso.

En la página 187 nos explican el concepto de RANGO. Os dejo aquí la explicación, es muy sencilla.


El rango es la diferencia entre el dato mayor y el menor. Ahí os pone las temperaturas de dos pueblos, Marazul y Campol. En Marazul la temperatura más alta es 15 y la más baja, 11; por lo tanto el rango es 4 (15-11); y de Campol sería 18 - 10, es decir, 8.

Este dato tiene muchas aplicaciones en la vida diaria. Por ejemplo, en una compra, la diferencia entre el producto más caro y el más barato; la diferencia entre la altura de un grupo de niños y niñas, la diferencia de puntos entre el primer clasificado en la liga y el último, etcétera.

Pues os pongo solo dos ejercicios de esa misma página que os dejo aquí, donde también repasáis la media.


CIENCIAS SOCIAIS

Ben, este traballo será para TODA A SEMANA. E quero que mo enviedes unha vez feito. Déixovos en Google Drive as instruccións para facelo, trátase de escoller un país europeo (non vale España) e facer unha presentación en Power Point ou un traballo en LibreOffice Writer ou Word seguindo o que vos indico nesa folla.


Tedes unha semana de prazo. Despois de traballar os países co Festival de Eurovisión, xa sabedes moitas cousas e no libro tedes información sobre os climas, as paisaxes, etc. Se alguén non pode ver as instrucións, que mo diga e mándollo por correo electrónico.


venres, 15 de maio de 2020

VENRES 15 DE MAIO

Chegamos á fin de semana, así que hoxe rematamos esta aventura eurovisiva. Póñovos os últimos exercicios a ao final cóntovos algunha cousiña máis.

MATEMÁTICAS

Primero os pongo las soluciones de los ejercicios de ayer sobre media y moda.



Y ahora os planteo un problema con España en Eurovisión. Estos son los puntos que ha obtenido nuestro país en los años de 2010 a 2019:

2010 = 68 puntos
2011 = 50
2012 = 97
2013 = 8
2014 = 74
2015 = 15
2016 = 77
2017 = 5
2018 = 61
2019 = 54

¿Cuál es la media de puntos que ha obtenido en estos 10 años?

Y como anécdota decir que no hemos subido del 10º puesto, es más, 7 veces hemos quedado del 20º para abajo, participando en la final 26 países. Tuvimos mejores años, teniendo en cuenta que hemos participado ya 59 veces y que Blas Cantó haría la participación nº 60. ¿Podríais hacer un gráfico con los puestos del 1 al 5?

1er puesto: 2 veces
2º puesto, 4 veces
3er puesto, 1 vez
4º puesto, 2 veces
5º puesto, 1 vez

Y una última cosa de repaso: Rotterdam sería la 65ª edición del Festival. ¿Cómo diríamos ese número ordinal?


LINGUA ESPAÑOLA

Para terminar con las lenguas, vais a las páginas 194 y 195 del libro, donde hablan no solo de las lenguas de España sino de países que tienen una, dos o más lenguas oficiales. Si esta semana estuvisteis atentos, os habréis dado cuenta que muchos países europeos tienen varias lenguas oficiales o incluso ninguna que haga referencia propiamente al país. Con las canciones de ayer ya podéis intuir por donde va esta actividad.

En la página 195 hay un ejercicio con banderas y os pregunta los idiomas que se hablan en esos países. 


Canadá no está en Europa, así que aparte de Suiza y Bélgica buscáis los idiomas que se hablan en estos cuatro países más;


 Andorra











Austria
 Chipre
 Moldavia


CIENCIAS NATURAIS

Para rematar a semana e o tema 5 (a semana que vén PROMETO KAHOOT de Naturais deste tema), imos facer un exercicio do libro que ten que ver coa cociña. 


Pois contestades a estas preguntas do almorzo de Henrique.

REMATE FINAL DE EUROVISIÓN

Finaliza así a semana eurovisiva. Mañá sábado 16 coñeceríamos o gañador da edición deste ano que xa sabedes que se cancelou polo COVID-19. Haberá en TVE un programa especial de homenaxe aos artistas e ás cancións que se ían escoitar en Rotterdam... podédelo ver! E para rematar a seleción de 5 cancións que estarían consideradas como candidatas ao triunfo, póñovos unha canción en francés, a de SUÍZA. ¿Cal das 5 propostas é a vosa favorita? Escollede entre Bulgaria, Islandia, Lituania, Rusia e Suíza