mércores, 29 de abril de 2020

XOVES 30 DE ABRIL

Pois nada, chegamos ao final da semana. Venres é FESTIVO, día do Traballo (1º de Maio). Hoxe xoves comezades por FRANCÉS e Juan pasoume o traballo desta semana, envíovolo por correo electrónico.

LINGUA GALEGA

Hoxe propóñovos unha actividade diferente. Imos coñecer a unha pintora galega, XULIA MINGUILLÓN, a étravs dunha actividade que está publicada na seguinte ligazón:


Unha vez entredes na páxina web, tedes que facer 4 actividades:

1º) Ver o vídeo
2º) Clicar no xogo de "Puntería" e facelo
3º) Facer o xogo de memoria referido aos cadros.
4º) Mirando o cadro "A escola de Doloriñas", facer nun documento de word ou Libre Office Writer unha REDACIÓN na que un deses nenos ou nenas forades vós. Como sería a túa educación nunha escola rural de Galicia nos anos 40-50 do século XX? 

E esta redación TEDES QUE MANDARMA porque vou mirar a expresión escrita, a ortografía, a orixinalidade, etc. Recordade que cando estudamos Historia vimos como se vivía en España neses anos, despois da Guerra Civil e nos primeiros momentos da dictadura. Incluso é posible que algún ou algunha dos vosos avós e avoas foran a unha escola así na aldea onde vivían.

Por certo, a redación mínimo 10 liñas, pero é máis importante o contido e as ideas que expresedes que a extensión. Seguro que o facedes moi ben!

Déixovos aquí o cadro que, por certo, está no Museo de Lugo, así que a ver se algún día podedes velo.



LINGUA ESPAÑOLA

Hoy os dejo en Google Drive una lectura con unas preguntas, referidas a Internet. Se llama "Red de redes" y me parece que os va a gustar.





MATEMÁTICAS

Comenzamos por las soluciones del repaso de ayer


Y hoy tocan PROBLEMAS!!!, de la misma página que ayer, 145


Os pongo también un acertijo matemático, una curiosidad más bien, que tiene como protagonistas a tres hermanos y unos camellos. Os da la solución, pero, ¿dónde está el truco?



CIENCIAS SOCIAIS

Ben, hoxe seguides co mapa de Europa, agardo que vos resulte doado. Gustáronme moito os comentarios ao vídeo que fixen alá enriba en Dinamarca. O certo é que este ano boto de menos non poder facer esta unidade didáctica na clase porque pasaríadelo moi ben combinando o estudo de Europa co Festival de Eurovisión... pero aínda quedan sorpresas, xa veredes. 

Vídeos así tan personalizados non teño, pero si fotos, polo cal vouvos poñer hoxe unha foto na que se ven DOUS ríos e un "profe". Vou dar unhas pistas para que averigüedes onde estou e cal son eses ríos:



PISTAS

1) Esta cidade é CAPITAL do seu país.
2) Celebrou unha vez o Festival de Eurovisión.
3) Ese país formaba parte doutro máis grande ata finais do século XX.
4) Escriben cun alfabeto diferente ao noso, o nome do país sería así: Србија
5) Un dos ríos que vedes aquí atravesa moitos países de Europa e en moitos tramos é navegable.

Se averiguades que capital é, deseguido saberedes o nome deses dous ríos que conflúen xusto aí, onde saquei a foto. E outra curiosidade: cando esta cidade celebrou Eurovisión, o escenario quixo reflectir esa confluencia dos dous ríos, védelo aquí.


Pois nada máis, ata o martes!!! Apertiñas


martes, 28 de abril de 2020

MÉRCORES 29 DE ABRIL

Bo día. Metade de semana que o venres é FESTIVO e o luns tampouco había clase, era un día escollido polo centro. Así que imos comezar coas actividades de hoxe.


MATEMÁTICAS

Os pongo las soluciones de los ejercicios del repaso acumulativo de ayer.


Y sí, efectivamente como dijo Alejandra ayer, el hexágono NO ES REGULAR, es un polígono de 6 lados pero puede ser irregular como este.

Hoy os pongo en Google Drive una fotocopia de lógica y unos ejercicios del mismo repaso de ayer, página 145


CIENCIAS SOCIAIS

Ben, imos seguir con EUROPA. Temos que coñecer algúns elementos do RELEVO. Nás páxinas 34, 35, 36 e 37 se dan as unidades de relevo principais. NON TEDES QUE SABER TODOS OS NOMES nin moito menos, pero para facelo vinculado a Eurovisión, póñovos un exercicio máis divertido 😁😁😁

O seguinte traballo é que collades o MAPA FÍSICO MUDO que tamén está en Google Drive


Sabedes os puntos cardinais: Norte, Sur, Leste e Oeste. Pois ben, vouvos dicir as 4 cidades que celebraron algunha vez Eurovisión e que supoñen os lugares máis alonxados no mapa, isto é, a que está máis ao norte, ao sur, ao leste e ao Oeste. Tedes que buscalas en Google Maps ou calqueira aplicación xeográfica e marcalas no mapa cun puntiño. Son as seguintes:

  • NORTE: Bergen (Noruega) - Festival de 1986
  • SUR: Atenas (Grecia) - Festival de 2006
  • LESTE: Bakú (Azerbaixán) - Festival de 2012
  • OESTE (fácil): Lisboa (Portugal) - Festival de 2018
En realidade a cidade máis ao Sur que celebrou Eurovisión non é Atenas, xa que sabedes que ISRAEL participa tamén en Eurovisión, pero non o consideramos un país europeo. A súa capital, Xerusalén, sería a cidade máis meridional (acordávdesvos destas palabras?) que acolleu o Festival, dúas veces, en 1979 e 1999. E o ano pasado Israel tamén celebrou o Festival, pero un pouquiño máis ao norte, en Tel Aviv.

Entón... continuemos. Unha vez situadas as 4 cidades tedes que unir cunha liña recta o Norte co Sur (Bergen - Atenas) e o Leste co Oeste (Bakú - Lisboa). E para que estudar o relevo non vos resulte tan cansino como para facelo polo libro, teredes que ir mirando que atravesan esas liñas: mares, cordilleiras, golfos, chairas, penínsulas... Intentádeo!! Se estivésemos no cole faríadelo en murais xigantes para p oñer polos corredores (aínda teño os de 2018). Por exemplo, Bakú está situada nas beiras do Mar Caspio (que non é un mar, é un LAGO) e dende aí atravesamos a cordilleira do Cáucaso, o Mar Negro... etcétera. Tedes que facelo vós!! 😎😎

Podedes ter como referencia o libro de texto, mirar en Internet, un atlas que teñades en casa, o que vexades. Este traballo será o mesmo HOXE E MAÑÁ, e como non hai Sociais ata o mércores que vén tedes UNHA SEMANA PARA FACELO. Sacádelle unha foto ao mapa que fagades e mo enviades, a ver que tal se vos da. Déixovos outra ligazón a outro mapa físico sen cor, por se vos resulta máis doado. E tamén outra a dous xogos de relevo con mapas interactivos, para que non sexa todo tan "intelectual". Trato de que aprendades divertíndovos.





E agora... unha pequena sorpresa!!


Este vídeo graveino no verán de 2017 nunha desas viaxes miñas por Europa adiante. É un lugar moi visitado do Norte de Europa e xusto esa liña que tedes que facer entre Bergen e Atenas pasaría moi pretiño de aquí. Graveino para os nenos e nenas de 6º de hai dous cursos, eles vírono e aí vos conto que estou nun lugar que ten unha significación importante na Xeografía europea, algo así como dicir que chegas a Fisterra ("a fin do mundo") ou a Tarifa e só tes o estreito de Xibraltar para cruzar a África. Identificades onde é polo que conto no vídeo? Seríades capaces de situar ese sitio no mapa que vos deixei? Agardo que si!!

LINGUA GALEGA

Ben, hoxe usamos o libro: Ortografía, a coma e os dous puntos, páxinas 154-155. Exercicios 3-4, páxina 155 e 5 páxina 158.





CIENCIAS NATURAIS

Por último, uns exercicios de repaso sobre o Power Point que colguei a semana pasada. Seica algunhas persoas non puideron abrilo... Pasouvos a moitos? Está feito en Libre Office, estaba moi animado e incluso cun vídeo da "Pantera Rosa" ao final. Agardo que poidades solucionalo para velo porque é chulo. Se non podedes, NON PASA NADA. 

Hoxe, como xa sei que non tedes o libro, póñovos dous exercicios copiados del aquí, intentade facelos se tedes a información do Power Point, se non, pois insisto, NON PASA NADA, contra determinadas situacións tecnolóxicas non podemos loitar.




E xa máis nada. O máis importante É O MAPA, intentádeo facer o mellor que poidades e sacades unha foto e mo enviades cando estea rematado.

Para entretervos un pouco e en relación coas bandeiras europeas, algúen sabe a resposta ao logo de Eurovisión deste ano? Ninguén dixo nada!!! Xa postos... saberíades dicir de que país é a seguinte bandeira? Nela está representado o monte máis alto dese país, o Tr***** 😊😊


MARTES 28 DE ABRIL

Bo día. Como vai todo? Gustaríame que me comentárades algo sobre as actividades que vos poño, se son moitas, se vos gustan... Non van ser todo "kahoots" e agardo que todo o de Eurovisión vos guste. imos a seguir.

LINGUA GALEGA

Hoxe ides facer un texto de comprensión lectora que se chama "A CALOR DA TERRA" e que o subo a Google Drive. Este texto SI MO ENVIADES de volta ao correo electrónico.


E tamén podedes ir propoñendo A PALABRA DO MES para maio, xa sabedes, os/as que queirades participar, enviádeme a vosa proposta ao correo electrónico.

MATEMÁTICAS

Os pongo las soluciones a los tres problemas de ayer


Y hoy comenzamos a hacer el "Repaso acumulativo" de la página 145 del libro. Solo 3 ejercicios de operaciones combinadas y coordenadas.


LINGUA ESPAÑOLA

Y hoy ya acabamos, como veis poca cosa. En la página 141 del libro se habla de las siglas y las abreviaturas, que ya conocéis también. Os dejo aquí la explicación... ¡por si acaso!

Una cosa hay que tener en cuenta: estamos haciendo este apartado EN ESPAÑOL, por lo que una sigla puede cambiar con respecto al galego o a otra lengua. Por ejemplo, el Impuesto sobre el Valor Añadido en español es el IVA, pero en galego es el IVE porque sería "Imposto sobre o Valor Engadido". Y lo mismo ocurre en inglés u otro idioma. Hay siglas que utilizamos en español o galego que vienen directamente del inglés, por ejemplo, UNICEF, que la decimos tal cual, o las que os pone en la explicación. 

Entonces, hacéis los ejercicios del 2 al 6, y además seguro que conocéis estas siglas a mayores:
  • CEIP
  • ANPA
  • UCI
  • RENFE




Pues nada más, por hoy. Un abrazo a todas y a todos. 😊😊


PD.: Id fijándoos también en las banderas de Europa... ya sabéis por qué 😉😉


luns, 27 de abril de 2020

LUNS 27 DE ABRIL

Bos días!!! Que tal a saída? Vin a dous de vós paseando, e falei cunha dende a miña fiestra. Non teñades medo, a vida ten que ir comezando a renacer, pero iso si, MOITA RESPONSABILIDADE: ollo cos xoguetes que levedes, balóns, bicicletas... distancia social coas outras persoas e a ser posible mascariña e luvas, aparte de seguir lavando as mans e os xoguetes ao voltar a casa. Todo isto será IMPRESCINDIBLE nas vidas de todos e todas por uns meses, aínda que todo volva á "normalidade", que xa non volverá ser como antes ata pasado máis dun ano. Temos que aprender a convivir co coroavirus, é unha batalla a longo prazo, por iso é tan importante a concienciación de cada un e cada unha de nós.

Comezamos a semana. Antes de nada UNHA IMPORTANTE OBSERVACIÓN. Se algún ou algunha de vós escribe anónimamente algún comentario que non proceda, borrareino. Evidentemente non podo saber se sodes vós ou non, pero xa borrei varios e isto é un blog EDUCATIVO e de encontro para a nosa clase, lóxicamente o poden ver en todo o mundo mundial, pero eu trato de manter unha vixiancia constante.

E unha cousa máis. Quero que teñades claro que non imos avanzar contidos novos, pero si imos continuar cos temas do libro, por exemplo, en Sociais imos dar Europa co traballo de Eurovisión. Non se trata de "chapar" unidades de relevo, ou países ou capitais. Trátase de APRENDER e estes contidos non van ter unha nota real coma se estiveramos en clase. Mandareivos algúns traballos en cada asignatura para que mos enviedes, non todos, pero si algúns porque ao final haberá que poñer notas. Procurade non perder ritmo e intentar as cousas. Eu sigo buscando actividades motivadoras e non tanto libro, pero non pensedes que é doado... Ben, imos aló!!

VALORES

Vamos a ver este vídeo llamado "El vendedor de humo"


La actividad de hoy consiste en lo siguiente. Se trata de reflexionar sobre las cosas prescindibles que nos han vendido. Entonces, hacéis un TEXTO corto (8-10 líneas) indicando qué cosas tenéis en casa y que deseabais mucho pero que nunca le sacasteis provecho o incluso nunca las usasteis (por ejemplo, algún juguete que os regalaron y jugasteis una vez o nunca lo hicisteis, ropa que tal vez nunca pusisteis, etc.). ¿Cuánta publicidad vemos en televisión o en internet que nos incitan a comprar y a tener la necesidad de poseer algo que, en realidad, no necesitamos? Seguro que precisamente ahora con la cuarentena nos damos más cuenta de estas cosas.

MATEMÁTICAS

Hoy vamos a hacer la página 141. Se trata de representar problemas con gráficos. Leed la información.


Y a continuación, hacéis los tres problemas de esa página, mañana os pongo las respuestas.


CIENCIAS SOCIAIS

Comezamos con... EUROPA!!! Vós xa sabedes moooooitas cousas de Europa. Eu conteivos moitas anécdotas de viaxes, de cando vivín en Países Baixos e algúns de vós tamén viaxastes. E sabedes máis do que credes. A actividade de hoxe é un KAHOOT!!!!

Non é un control nin un exame nin vai contar para nota. Fixen simplemente 10 preguntas para contestar verdadeiro ou falso sobre 10 nomes de accidentes xeográficos. Algúns deles están en Europa e outros non. A idea primeira que tiven era de que escribirades nunha folla que nomes coñecedes que teñan que ver con Europa, por exemplo, de montañas, ríos, cabos, mares, lagos. Podedes facer a proba tamén (faríamola en clase se estivéramos no colexio). De seguro que todos oistes falar, por exemplo, dos ALPES, do río Danubio ou de Estocolmo. Pois ben, nese kahoot tentade averiguar cales deses lugares están en Europa ou non. E repito... NON VOS PREOCUPEDES!!


(Código 0763467)



Ben, e por último a curiosidade eurovisiva. Sabedes que cada festival ten un logo. O Festival deste ano era un círculo de cores que vos puxen o xoves aquí. Sabedes que significa? Podedes atopar a explicación na seguinte ligazón. Mirade o vídeo e lede a explicación máis abaixo. Curioso, non?









venres, 24 de abril de 2020

VENRES 24 DE ABRIL

Bo día... fin de semana!! E será unha "finde" especial dentro deste período especial porque dende o domingo poderedes saír!!! 😊😊. Ao mellor non sodes aínda moi conscientes da importancia disto, cando pasen 10, 20 anos e recordedes estes tempos seredes totalmente conscientes do ben que vos portastes estas semanas de confinamento e de que o "reinicio" hai que facelo pouco a pouco e sen tolemias. Non se pode ir a un parque, non se pode xogar con amigos, pero poderedes RESPIRAR preto da casa, incluso algúns dos que vivides cara Os Castros poderedes baixar ata a praia de Oza e ver o mar. Paseos dunha hora que valoraremos máis que nunca, o que deberemos aprender, abofé, é da importancia dun simple paseo pegados ao mar e observar. Estou seguro que incluso vos sentiredes raros, pero iso tamén é unha aprendizaxe: valorar o que temos e non lle damos importancia, a partires do domingo darédeslle máis.

Con respecto a isto, supoño que tamén veriades nestas semanas nas noticias que a Natureza volve a tomar posesión do que o ser humano "invadiu". A imaxe máis impactante, se cadra, é a das augas de Venecia limpas, transparentes e con peixes; a contaminación descendeu ata un 80% nalgunhas cidades, o aire é máis limpo... Isto tamén nos ten que facer reflexionar.



 Madrid sin contaminación


Madrid contaminada


Venecia limpa


MATEMÁTICAS

Bueno, os dejo las soluciones de los ejercicios de ayer de los ríos de España


Y como es viernes os voy a dejar dos fotocopias en Google Drive, una de lógica y otra de problemas, de repaso y entretenimiento




LENGUA ESPAÑOLA

Terminamos la Semana del Libro con una actividad de "Invisible". Es una actividad sobre las emociones. El archivo está en .pdf pero hay una tabla que podéis hacer en un procesador de texto y enviármela. Se trata de identificar VUESTRAS emociones e intentar describirlas como os dice el ejemplo de "la rabia". Podéis pensar en cualquier situación que se os haya dado en la vida, en el colegio, en casa, en la calle con amigos, en estos días de confinamiento... No sé, se trata de ser creativos y que escribáis un poco, a ver qué tal os sale.






Y nada más por esta semana. Recordad que el power point de Naturais tenéis que verlo como es, como os advertí ayer a última hora. Si alguien no lo ve así, que me lo diga, por favor, e intento mandárselo de otra manera.

¡¡SED BUEN@S!!

👻

mércores, 22 de abril de 2020

XOVES 23 DE ABRIL... MIRADE TAMÉN A ACTUALIZACIÓN DO FINAL!!!

LINGUAS GALEGA E CASTELÁ


Hoxe é o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO!! O 23 de abril celébrase en todo o mundo esta conmemoración por un motivo moi concreto. E en cada cidade ou país teñen costumes distintas. Nas seguintes ligazóns hai uns poucos datos sobre este día e vos pido que fagades un pequeno RESUMO, e vos dou unhas ideas para que fagades un texto e mo enviedes:

  • Que escritores coñecidos están vinculados con esta data?
  • Que organismo internacional estableceu esta data para conmemorar a celebración?
  • Como se celebra en lugares de España como Cataluña?
  • Como afecta o coronavirus á celebración deste ano?


ATENCIÓN!! Non é contestar ás preguntas como aparecen aquí, senón facer un RESUMO (podedes facelo en galego ou castelán). As preguntas son unha guía para ese texto que tedes que escribir, intentando non copiar as mesmas palabras. Procurade ser creativos e podedes facelo nun documento de word ou de Libre Ofice e mandarmo.

Para pasar tamén un momento de diversión, a biblioteca do cole fixo este vídeo no que saídes algúns de vós, e toda a semana estivemos facendo lecturas que tamén están colgadas. Disfrutade!!!





CIENCIAS SOCIAIS

Ben, o tema 1 de Sociais estaría REMATADO.  Hoxe só vos vou poñer uns exercicios do libro para facer de REPASO. Serían o 40, 41, 44 e 46, das páxinas 28 e 29. Se non tedes o libro, póñovos aquí as capturas de pantalla. Facédeos no caderno.




MATEMÁTICAS

¿Cómo fueron los problemas de superficies? ¿Tuvisteis dificultades? Dejadme comentarios aquí y creo que la mejor manera de resolver dudas de todas las áreas será también con videoconferencia. Estoy pensando en poner un día a la semana para eso, por ejemplo, los viernes, pero ya os avisaré porque la semana que viene, por ejemplo, el viernes es 1 de mayo y es festivo. Insisto en que NO OS PREOCUPÉIS si no os sale, lo volveréis a dar en Secundaria.


Y como tenéis el libro en casa, os voy a mandar de repaso, que también os sirve para Sociais porque habla de los ríos de España, la página 144.



Bueno, y estamos llegando al final de otra semana. Mañana solo os pondré una actividad de Lengua Española sobre "Invisible", para cerrar la Semana del Libro y dos fotocopias de Matemáticas que subiré a Google Drive, ya que de Naturais os dije que el power point es para toda la semana. 

Tengo en mente dar el tema 2 de Sociais, el de Europa, que sabéis que siempre lo hacía en 6º relacionándolo con el Festival de Eurovisión (que por cierto, también se canceló). Si os acordáis hace dos años, cuando fui tutor del 6º donde estaban el hermano de Emma y las hermanas de Anxo y Álex, llené el pasillo con banderas de países y estuvieron haciendo murales de diferentes cosas relacionadas con Europa y con el Festival. Este año tengo que cambiar la dinámica, pero intentaré que con ese tema LO PASÉIS BIEN porque para mí era el proyecto que hacía siempre para terminar Primaria. Pienso que lo pasaréis bien, pero aún tenemos que esperar unos días 😀😀😀

De aperitivo: durante los días que hagamos ese proyecto, tendréis que consultar a menudo la página web oficial del Festival, que es


Está en INGLÉS, pero podéis encontrar, por ejemplo, los vídeos de las canciones de todos los países que iban a participar este año en Rotterdam. El día 16 de mayo se emitirá un programa especial de homenaje a estos artistas y canciones, debido a que no se puede celebrar Eurovisión por la pandemia... pero bueno, ya iremos hablando 😇😇😇



ACTUALIZACIÓN!!!

NON SEI SE A PRESENTACIÓN DE NATURAIS DE ONTE VOS SAE EXACTAMENTE COMA UN POWER POINT. DEBE SER ASÍ. CANDO ACCEDADES A GOOGLE DRIVE DÁNDOLLE Á LIGAZÓN, NA PARTE DE ARRIBA PON "ABRIR CON" E TEDES QUE SELECCIONAR "PRESENTACIONES DE GOOGLE" PARA QUE VEXADES FOTOS, ANIMACIÓNS, ETC. DÉIXOVOS DE NOVO AQUÍ A LIGAZÓN PARA QUE PROBEDES

LIGAZÓN "A MATERIA E A ENERXÍA"


MÉRCORES 22 DE ABRIL

Bo día. Xa é mércores! E parece que si, definitivamente, poderedes saír a dar algún paseo a partires do luns. OLLO! Só paseo! E acompañados dun adulto e coas medidas de seguridade e hixiene recomendadas: luvas, mascariñas e sempre ao voltar LAVAR AS MANS.  E seguro que poderei ver a algún ou algunha de vós preto da miña casa, saludareivos pola fiestra se vos vexo. ÁNIMO!! 😃😃

MATEMÁTICAS

Supongo que los ejercicios de ayer, por lo menos, los intentasteis. Os dejo aquí las soluciones.



Bien, ahora hay unos problemas con un poco más de complicación. Voy a intentar explicároslos. Veis que en la parte derecha de la página 139 hay una niña con un letrero que pone las medidas agrarias: centiárea (1m2), área (100 m2) y hectárea (10.000 m2)

Estas medidas se usan muchísimo en el mundo rural para, por ejemplo, medir terrenos. Si pensáis un poco, a veces vemos una noticia de un incendio en algún sitio y dicen "se han quemado 200 hectáreas de terreno", que son muchísimos metros cuadrados.

Por lo tanto, hay que saber operar con ellas, y por eso quiero que intentéis hacer los problemas del ejercicio 4. No son difíciles, solo hay que fijarse y leer bien lo que piden. Por ejemplo, en el primero tenéis que pasar lo que mide cada piso (Villasur, Ensanche y Centro) a m2 y luego hacer la operación correspondiente con el precio indicado para saber qué piso es mejor oferta.

No os preocupéis si no os salen. Las medidas de superficie las volveréis a dar en Secundaria, pero no es lo mismo empezar de 0 que llevar ya una pequeña idea. Mañana os pongo las soluciones.


LINGUA ESPAÑOLA

Ayer tocaba Lengua y os puse Sociais, bueno pues no pasa nada, lo pongo hoy. Empiezo con las soluciones de las oraciones del viernes. En azul, sujeto; en rojo, predicado

  • Mañana el profesor hará una videoconferencia con sus alumnos
  • El lunes vendrá Fernando con su mochila nueva.
  • La catedral de Santiago está en obras.
  • El claustro de profesores acordó la celebración del Día del Libro el día 23 de abril.
  • Descubrieron fósiles de dinosaurio varios paleontólogos españoles.
  • ¿Estudiaremos por la tarde? (El sujeto no aparece, sería "nosotros")
  • Todo el día tienen la mascarilla puesta. (Lo mismo, sería "ellos" o "ellas)
  • En el garaje de sus abuelos mis primas encontraron una bicicleta antigua holandesa.
  • Cada dos días llaman por teléfono Clara y Daniel.
  • Nunca pienses mal de los médicos. (El sujeto está oculto, sería "tú")

Más adelante seguiremos con más cosas de análisis de oraciones, hoy os propongo una lectura con unas preguntas que podéis hacer EN WORD, es decir, no hace falta imprimirla y podéis contestar en el mismo documento. Y TAMBIÉN ME LO ENVIAIS. El documento está en Google Drive y el enlace es el siguiente:





LINGUA GALEGA

Comezamos coas solucións ás oracións de onte sobre o suxeito e o predicado (azul, suxeito; vermello, predicado)

  • A cadela de Mercedes trabou na perna a Ramón
  • Voltaremos á normalidade no mes de xullo (suxeito oculto, sería "nós")
  • Onte morreu a avoa de Xosé
  • Elas mercaron o agasallo para o pai de Xoán
  • No tren de Madrid viñeron vinte pasaxeiros
  • Pedín por Internet un móbil novo
  • A vacina da variola é gratuita
  • Fixo Celia os vídeos do blog da biblioteca
  • Os compoñentes do grupo de teatro do "Anxo da Garda" gañaron o primeiro premio.
  • Non funcionan os semáforos da rúa Rosalía de Castro.

Quedou claro? É importante que saibades distinguir perfectamente estas dúas partes das oracións para logo continuar avanzando coa análise sintáctica. Se tedes dúbidas, preguntádeme.

E hoxe ides facer un "Pasapalabra" que inventei eu nunha páxina web. É de vocabulario, ten palabras fáciles e difíciles, pero un consello: NON TRADUZADES!! Xa sabedes que moitas palabras en galego non teñen nada que ver coa mesma palabra en castelán. E fixádevos na letra coa que comezan. NORMAS DO XOGO:

  • Podedes escribir en minúsculas, pero hai que poñer acentos se as palabras o precisan
  • O xogo inclúe as letras "j", "k" e "w" que sabedes que non existen no alfabeto galego, polo que as palabras serán referidas a outros idiomas pero usadas na nosa lingua
  • Tedes 5 minutos para completalo e permítese un erro en cada palabra
  • Poñede o voso nome REAL
  • Todas as definicións están sacadas do dicionario da RAG

MOITA SORTE!!!


(código 183773)



(imaxe copiada da web Keynote)


CIENCIAS NATURAIS


Ben, imos comezar o TEMA 5, "A materia e a enerxía". Xa sei que non tedes o libro na casa, pero fixen un power point da primeira parte co máis importante e algunha actividade. Podedes facer as actividades ben no propio "power" ou no caderno, non fai falla que mas mandedes, cando rematemos todo o tema a ver se fago un "kahoot" para que poidamos avalialo dalgún xeito.

Este power point é PARA TODA A SEMANA, isto é, non vos vou subir nada de Naturais ao blog o venres, así tedes tempo para lelo, facer as actividades, etcétera. Tamén o subo a Google Drive, podedes descargalo e executalo nos vosos ordenadores, tablets e incluso nalgúns móbiles. Agardo que vos guste!







martes, 21 de abril de 2020

MARTES 21 DE ABRIL

Bo día! Sabedes que esta semana é o Día do Libro, o xoves 23. Entrade no blog da biblioteca porque estamos publicando cousas, a primeira delas é o recitado dun poema polo voso titor 😃😃


Isto é solo o principio, haberá outras cousas de aquí ao venres. Agora imos co que temos que ir.

LINGUA GALEGA

O venres puxen oracións en castelán para identificar o suxeito e o predicado. Hoxe póñovolas en galego, a ver cantas facedes ben

  • A cadela de Mercedes trabou na perna a Ramón
  • Voltaremos á normalidade no mes de xullo
  • Onte morreu a avoa de Xosé
  • Elas mercaron o agasallo para o pai de Xoán
  • No tren de Madrid viñeron vinte pasaxeiros
  • Pedín por Internet un móbil novo
  • A vacina da variola é gratuita
  • Fixo Celia os vídeos do blog da biblioteca
  • Os compoñentes do grupo de teatro do "Anxo da Garda" gañaron o primeiro premio.
  • Non funcionan os semáforos da rúa Rosalía de Castro.
Ollo! Pensádeas ben. E mellor facédeas no caderno ou nun documento de texto, mañá poño as solucións

CIENCIAS SOCIAIS

Parece ser que algún / algunha de vós NON TEN o libro de Sociais porque o deixou no colexio. Por iso estou colgando aquí capturas de pantalla para facer as actividades. Pensade que imos avanzar, non moito pero si imos dar algunha cousa nova que sexa doada e sinxela, igual que faremos actividades de repaso. Ademáis no último trimestre de 6º e de toda a Primaria normalmente tamén hai moitas cousas de repaso, pois máis aínda agora.

Hoxe póñovos un mapa que está na páxina 31 do libro, que é dos PARQUES NACIONAIS de España. O curso pasado cando estivo Ángela fixestes un traballo dun parque nacional, así que isto non vos soa a "chinés". 

Tedes que facer os exercicios 1 e 3 (sobre todo), que trata de indicar qué tipo de paisaxe hai en cada Parque Nacional de España. Para que teñades máis información déixovos unha ligazón á web oficial dos parques nacionais, que xa o ano pasado consultastes para facer o traballo con Ángela.

Se visitastes algún (en Galicia está o Parque Nacional das Illas Atlánticas), escribide un pequeno texto sobre esa excursión, o que recordedes dela. Eu estiven en 6!!





MATEMÁTICAS


En 5º dimos un poco por encima el tema de las superficies, pensando en que lo íbamos a tratar con más profundidad en 6º. Voy a intentar explicároslo y hacer algún ejercicio SIMPLE para que cuando estéis en el instituto tampoco os suene "a chino".

¿Recordáis que para medir la superficie de algo se utilizaban medidas "al cuadrado"? Así, decimos que la superficie de un piso es de 80 m2 (metros cuadrados), de una finca de 1500 m2 o de un territorio, por ejemplo, Galicia, decimos que su superficie es de 29574 km2 (kilómetros cuadrados).

Si para las medidas de longitud sabemos que, para cambiar de una unidad a otra multiplicamos o dividimos por 10 (acordaos de la "escalera" que puse aquí), para las medidas de superficie tenemos que multiplicar x 100 (si "bajamos" de unidad de medida) o dividir  entre 100 (si "subimos"). Es decir, 1m2 = 100 dm2 = 10000 cm2 =
1.000.000 mm2. Aquí tenéis el gráfico mío de nuevo y el que viene en el libro en la página 138



Bueno, pues intentad hacer el ejercicio 1 de la página 138 y del 2 haced solo un grupo de los dos que hay (3 ejemplos, tenéis uno de modelo)


Mañana os pongo las soluciones y si tenéis dudas, podemos hacer otro día videoconferencia y las aclaramos, a lo mejor sería interesante dedicar una hora los viernes, por ejemplo, u otro día, para vernos on-line y que hagáis preguntas de cosas de clase, con las limitaciones que tiene explicar on-line... Bueno, podríamos intentarlo, ya hablaremos.