luns, 30 de marzo de 2020

MARTES 31 DE MARZO

Ben, remata o mes de marzo e cando pasen 5, 10, 20 anos o mes de marzo de 2020 non o quereremos nin recordar. Imos co traballo de hoxe, como son Matemáticas e Linguas imos só usar os libros de texto.

LINGUA GALEGA

Facemos a lectura da UNIDADE 9, "Unha de romanos" (páxinas 132-133) e despois os exercicios 3, 4 e 7 da páxina 134.

Vou darvos as solucións aos exercicios do outro día

Para que xoguedes un pouco e repasedes o nome dalgunhas vilas e cidades galegas, entrade na seguinte ligazón e xogade con anagramas, a ver se sodes capaces de identificar cales son




MATEMÁTICAS

La solución al ejercicio de ayer es esta.


Y hoy os tengo este vídeo para proponeros algo más divertido 😀😀



Buscáis entonces 4 ó 5 cosas que tengáis en casa y apuntáis su medida. Y hacéis el ejercicio 2 de la página 134.

LENGUA ESPAÑOLA

Vamos a leer la narrativa, el cuento y la leyenda (páginas 132-133) Buscar en el ejemplo de “La leyenda del arroz” los personajes, el marco narrativo y la acción (página 133). Ejercicios 2, 4, 5, y 6. ¿Hay narrador?



Nada máis por hoxe. Ata mañá

domingo, 29 de marzo de 2020

LUNS 30 DE MARZO... UNHA NOVA SEMANA

Bos días a todas e a todos. Comezamos o que sería a ÚLTIMA semana do 2º trimestre. Non me cansarei de dicirvos que agradecería moitísimo estar no colexio. Supoño que vós, con 11-12 anos, aínda non sodes ao 100% conscientes de todo o que supón esta situación a nivel social, económico e sobre todo emocional. Todo o mundo di que non seremos as mesmas persoas cando todo isto acabe, que haberá un antes e un despois da pandemia do COVID-19. Pero sempre fostes rapaces e rapazas con reflexións bastante maduras e estades a ver nas vosas casas, nos medios de comunicación todo o que supón este confinamento. E seguro que tedes emocións que contar e expresar e como xestionalas. Non é fácil, tampouco para nós, nin para os vosos pais e as vosas nais. Haberá tempo de reflexionalo e ogallá poidamos falalo un día nesas "rodas" dos luns que tanto nos gustan. De momento mellor seguir con esta "rutina" especial ata que todo se amañe e podamos vernos... ao mellor argallo unha maneira de facelo on-line, se todos e todas tedes os medios na casa. Xa falaremos... 😀😀💻💻

VALORES

Ben, isto é para o alumnado de Valores Cívicos e Sociais, pero podedes facer esta actividade todos e todas. Hai unha iniciativa do persoal sanitario de que calquera persoa anónima lle escriba unha carta a un / unha paciente ingresada por coroavirus. Déixovos aquí a ligazón para que vexades de onde xurdíu a idea e as direcións de correo electrónico ás que podedes mandar as vosas cartas. Entre elas hai a dun hospital de Vigo (non atopei ningunha do CHUAC), e se as facedes, gustaríame que tamén ma enviárades a min por correo electrónico. Recordade as normas que vos pon aí:

  • Carta ANÓNIMA
  • Que teña unha presentación de quen sodes (podedes poñer o voso nome pero sen apelidos).
  • Que a carta sexa para dar ánimos ás persoas ingresadas
  • Que vos despidades desa persoa tamén anónimamente


Seguro que o facedes de marabilla, xa teño mostras diso en moitas das redacións que facedes, así que... adiante!!!


MATEMÁTICAS


Vamos a comenzar el TEMA 9 del libro. Es fácil porque ya dimos cosas en 5º. Hoy os pido que leáis la introducción de la página 132, respondáis SIN ESCRIBIR las preguntas de la lectura de la página 133 y sí que hagáis en el cuaderno el ejercicio 1 de la parte ¿Qué sabes ya? Os pongo aquí la foto


También debéis hacer EN EL CUADERNO la escalera de las unidades de medida, desde el Km, Kl y Kg hasta el mm, ml y mg. Pero yo he hecho una en forma de escalera para que lo entendáis mejor. Cada "escalón" que subimos tenemos que dividir por 10 y cada escalón que bajamos tenemos que multiplicar por 10. Entonces, si tengo que pasar una cantidad de centilitro (cl) a litros (l), tengo que dividir por 100 (hay dos escalones de subida); y si tengo que pasar de kilómetros (km) a metros (m) tengo que multiplicar por 1000 (hay tres escalones de bajada). Fijaos dónde está el margen de la libreta para que os hagáis una idea de cómo hacerla en vuestro cuaderno. Podéis decorarla como queráis, hacerle dibujos, etc. Lo importante es que lo entendáis vosotros y vosotras.



CIENCIAS SOCIAIS

Imos seguir co tema do relevo de España e esta semana estudamos o relevo litoral (páxinas 18 e 19 do libro). Como vedes, dividimos a costa española segundo os mares aos que miran. Así temos:

  • Costa cantábrica: dende a fronteira con Francia ao cabo Estaca de Bares, aquí en Galicia
  • Costa atlántica: dende o cabo Estaca de Bares ata a desembocadura do Miño en Galicia (fronteira con Portugal); dende a desembocadura do Guadiana en Andalucía (fronteira con Portugal) ata a punta de Tarifa; e por suposto, toda a costa do arquipélago das Canarias
  • Costa mediterránea: dende a punta de Tarifa á fronteira con Francia; a costa das cidades autónomas de Ceuta e Melilla; e lóxicamente tamén o arquipélago das Baleares.
Mando ás vosas familia un mapa MUDO de España e tedes que pintar as tres costas de diferentes cores e saber localizar os cabos máis importantes do país (Creus, Nao, Palos, Gata, Tarifa, Fisterra, Touriñán, Estaca de Bares, Peñas e Matxitxako), os golfos (Valencia, Biscaia...) e outros accidentes xeográficos importantes como o Delta do Ebro, o Mar Menor, as rías galegas (non fai falla poñer os nomes de todas), as illas... Trátase de saber situar eses puntos xeográficos nun mapa. Déixovos aquí unha imaxe na que podedes ver un mapa do relevo litoral de España coa maioría deses nomes e unha ligazón (os nomes están en español) doutro colexio no que hai moitas actividades interactivas sobre este tema de Sociais




Por hoxe, rematamos. Recordade a "PALABRA DO MES", escribídea aquí  e dicide quen a propón. Lede "Invisible", xogade, non descoidedes o exercicio físico... En fin, seguimos. Ánimo!!!


xoves, 26 de marzo de 2020

VENRES 27 DE MARZO

Pois acaba outra semana, xa é venres e isto continuará, así que a semana que vén aínda seguiremos enviando traballo. Que tal o levades? Poderiades comentar algo ao final de cada día, ou escribir un pequeno diario do "confinamento", acordádevos de Ana Frank, cando estivo máis de dous anos naquela casa de Amsterdam que vos ensinei? Se queredes, podedes volver entrar "na casa de atrás" nesta ligazón:

Casa de Ana Frank

Ben, isto para relaxar un pouco. Reflexionade que nós levamos 13 días de corentena e se nos resulta duro... imaxinádevos que estivesemos en guerra e tiveramos que escondernos como o fixo a familia de Ana. En fin, xa coñecedes a historia e só vos poño a ligazón para que vos entreteñades un pouco.


MATEMÁTICAS

Parece ser que ayer os volvíais locos midiendo el plano... si pincháis en la foto, se amplía, lo podéis dibujar en el cuaderno y ya está. Yo no tengo los libros físicos, saco capturas de pantalla de libros on-line que nos ha dejado la editorial, así que tampoco os agobiéis si no salen las cosas, lo importante es QUE LO ENTENDÁIS.

Soluciones (a ver si os coinciden las medidas)

  • Largo y ancho del salón: 4 cm y 2'5 cm. Se multiplican ambos números por 150, que es la escala que os aparece. Entonces serían 4 x 150 = 600 (6 m) y 2'5 x 150 = 375 (3'75 m)
  • Perímetro de la cocina: 3'8 x 2 + 1'5 x 2 = 7'6 + 3 = 10'6; 10'6 x 150 = 1590 (15'9 m)
  • Largo y ancho del dormitorio 1: 2'5 y 3 cm. Se multiplican por 150. 2'5 x 150 = 375 y 3 x 150 = 450, es decir, 3'75 m y 4'5 m
  • Perímetro del baño: 1'5 x 2 + 3 x 2 = 3 + 6 = 9; 9 x 150 = 1350 = 13'5 m
Y para terminar esta semana, estos ejercicios de porcentajes de repaso.


LINGUA CASTELÁ

Soluciones a los ejercicios de ayer:


Y hoy, expresión escrita. Intentad escribir un texto sobre estos días de cuarentena. Os dije al principio que os acordarais de Ana Frnak. Lógicamente la situación no es comparable porque ella se tuvo que esconder por una guerra y eran perseguidos por los nazis.  Hoy además tenéis tecnologías para jugar, para ver la televisión, etc. El relato sería, ¿CÓMO ES VUESTRA RUTINA EN UN DÍA DE CUARENTENA? Pensad en lo que hacíais antes y ahora no podéis hacer, que os gustaría hacer, cuánto piensas que puede durar esta situación... intentad expresar cómo os sentís ante una situación que es nueva para todos y todas y que nos ha cogido por sorpresa. ¡Ah! Y procurad hacer algo más de 10 líneas, ¿eh?

CIENCIAS NATURAIS

A verdade é que aquí se me esgotan os recursos porque xa rematáramos o tema. Pero xa que o maldito coroavirus nos está a cambiar a vida, vouvos poñer dúas táboas da evolución da enfermidade en varios países do mundo

Datos do mércores 25 de marzo


Datos do xoves 26 de marzo


Aínda que está en inglés, supoño que non tedes problema para traducilo. Primeiro están os países, logo o total de casos de contaxio, novos casos de cada día, total de persoas mortas, número de persoas mortas nese día e total de persoas recuperadas.

O exercicio trata de comparar as dúas táboas e que, sobre todo en España, saquedes algunha conclusión esperanzadora. Fixádevos que somos o 4º país do mundo en número de persoas contaxiadas, pero hai outros países que aínda poden estar peor ca nós. Cal pensas que poden ser?

E por esta semana, acabouse. Tratarei de buscar algunha actividade que vos entreteña máis, pero non é doado. Xa sei que vos encantan os "kahoot", intentarei facer algún pero levan o seu tempo. Por certo, vin que 23 de vós fixestes o "kahoot" de Lingua, iso significa que o blog o consultades 😉, non tedes escapatoria!

Axudade na casa, non abusedes dos videoxogos, lede, inventade e seguro, seguro, que algo en limpo positivo sacamos de todo isto.

UNHA APERTA GRANDE A TODOS E TODAS

(de regalo unha foto da nosa visita a Ikea... a última saída antes de todo isto)



mércores, 25 de marzo de 2020

XOVES 26 DE MARZO

Bos días a todos e a todas. Os xoves a 1ª hora tedes FRANCÉS e xa lles mandei aos correos das vosas familias o traballo que vos envía Juan. Facede os exercicios no caderno de Francés despois de ler a explicación.

Por certo, un apunte. Sabedes que antonte faleceu o creador dos cómics de Asterix, Albert Uderzo, na súa casa das cercanías de París. Sería un bo momento para que lerades unha das aventuras de Asterix ou que investigárades un pouco sobre a súa biografía na ligazón que vos puxen.

😀 BONNE JOURNÉ 😀



LINGUA GALEGA

Antes de darvos as respostas ás preguntas de comprensión lectora, o Equipo de Dinamización Da Lingua segue propoñendo a "PALABRA DO MES". Como estamos nun momento excepcional, podedes mandarma a min ou deixar un comentario debaixo deste "post" e eu propoñerei tres das palabras que aportedes. Prazo: 1 DE ABRIL

Consultade tamén na web da biblioteca o blog do EDLG porque hai algunha actividade máis de entretemento. A ligazón é esta: 


Agora van as solucións ás preguntas de onte


E para rematar hoxe facemos uns exercicios de ortografía das páxinas 124 e 125 do libro, palabras con "h" ou sen ela. Déixovolos aquí.




CIENCIAS SOCIAIS

Continuamos cos ríos de España. Xa sabedes os nomes dos 8 ríos principais. O exercicio que vos propoño é INVESTIGAR o lugar onde nace cada un, por que localidades importantes pasa e onde desemboca, así como indicar un afluente importante de cada un. Vouvos poñer un exemplo:

RÍO MIÑO: Nace no Pedregal de Irimía, na sª de Meira (provincia de Lugo). Pasa polas cidades de Lugo e Ourense. Desemboca na vila da Guarda, formando fronteira con Portugal. O seu afluente máis importante é o río Sil.

Pois así cos outros 7 ríos. Para poñérvolo máis doado, podedes consultar nesta web (valen outras tamén)


Se vos resulta moito máis entretido, incluso poderiades facer un mapa de España cos ríos e ir poñendo os nome que aparezan na investigación. Podedes consultar tamén o libro de texto. 

Esta parte dos ríos era o mural que ían facer os do grupo dos ríos, collendo o mapa grande que temos pegado na parede da clase, con fotos das cidades, etc. Pero claro, estamos así e pouco máis se pode facer.

Por certo, eu estiven no nacemento do Miño hai pouco tempo, así que vos poño unha foto do lugar exacto onde o noso río Miño nace. É unha bonita excursión!!


MATEMÁTICAS

Solución a los ejercicios de ayer:

  • ¿Cuánto pesan las fresas y las uvas? 3/4 + 1/2 = 5/4
  • ¿Cuánto pesan las naranjas más que las patatas? 5 1/4 - 3 1/2 = 21/4 - 7/2 = 21/4 - 14/4 = 7/4
  • ¿Cuánto pesan las fresas más que las uvas? 3/4 - 1/2 = 1/4
  • ¿Cuánto pesa todo el pedido que ha preparado Marta? Pues hay que sumar TODAS las fracciones. El resultado final es 25/2, o lo que es lo mismo, 12 kg y medio
  • Marta tenía en su puesto 42 kg de naranjas. ¿Cuántas bolsas tenía? Pues hay que dividir 42 : 5'25, ya que 1/4 es lo mismo que 0,25. El resultado es 8 bolsas.
  • De los 42 kg de naranjas dos tercios son de origen español y de ellos tres cuartos vienen de Valencia. ¿Cuántos kilos de naranjas vienen de Valencia? 2/3 de 42 son 28 kg; y 3/4 de esos 28 son 21 kilos, por lo tanto 21 kilos son naranjas valencianas.

Y para hoy solo os voy a poner un ejercicio para repasar el concepto de escala. Fijaos en este plano de una casa y resolved lo que os pregunta. Podéis dibujar el plano en el cuaderno.

LINGUA CASTELÁ


Empezamos con las soluciones a los ejercicios del martes:



Y hoy damos un poco de ortografía: la letra "x", que en castellano no tiene el mismo sonido que en galego. Leed la información de la página 128 del libro y fijaos en los ejemplos que hay en los primeros ejercicios (en clase haríamos la lista de palabras, pero aquí solo os voy a mandar escribir tres). Una vez que lo hayáis leído, haced en el cuaderno los ejercicios 10, 11 y 12 de la página 129.


Y nada más por hoy. Acordaos de leer un poco, de hacer ejercicio y sobre todo de pensar QUE VAMOS A SALIR DE ESTA, seguro que sí. Me parece a mí que alguno / alguna ya está deseando volver al cole, ¿o no? Yo os echo de menos 😌


martes, 24 de marzo de 2020

MÉRCORES 25 DE MARZO

Antes de empezar... RECORDEMOS!! Estamos nunha situación EXCEPCIONAL e cando mandamos traballo para facer e propoñemos actividades, sede conscientes de que todo temos que adaptalo á situación excepcional que está todo o país a vivir: vós nas vosas casas, nós tamén, todas as persoas que seguen traballando para sair pronto desta crise sanitaria, acordádevos sempre delas: persoal sanitario, persoal de supermercados, de transporte, etc. Acordádevos que hai xente que está nunha situación de risco maior que todos nós. Para eles e elas sempre eses aplausos das 20:00 h.

Por favor, actuade "con sentidiño", preguntade cousas que sexan importantes e se non podedes imprimir un documento, podedes descargalo e facer os exercicios nos cadernos de clase. Non se vos vai pedir unha "excelencia" no resultado, pero si que traballedes. Pensade que todas as mestras e todos os mestres de toda Galicia e España estamos traballando nun contexto novo, buscando recursos novos, actividades que vos motiven e que vos ocupen o tempo, son moitas horas na casa e debemos seguir así no só polo noso ben e a nosa saúde, senón tamén polo ben de TODOS e TODAS. Dacordo? Pois imos aló!!

MATEMÁTICAS

¿Qué tal fue el "control"? Imagino que con ayuda bastante mejor. ¿Fuisteis honestos con vosotros mismos y no recurristeis al libro, a la calculadora, al amigo de whats app, a papá o a mamá? No sé, no sé... estoy convencido que NADIE suspendió. Si alguien lo quiere escanear y mandármelo al correo, puede hacerlo. Si no, guardadlo y cuando nos volvamos a ver, hablamos de él

Aún no voy a empezar un tema nuevo. Vamos poco a poco. Hoy os dejo unas actividades que bien podríamos estar haciendo estos días, se trata de resolver problemas de una compra on-line.



LINGUA GALEGA

Xa vin que a maioría fixestes o "kahoot", pero o que non valía era repetilo ata tres veces!!! 😎😎😎

Hoxe volvemos ao libro e lemos a lectura do tema 8, "O estraño empregado”. Exercicios 2, 4, 5, 8, 9 e 11 da páxina 120. Para investigar sobre os vampiros, podedes ir a esta ligazón: 



Mañá póñovos as respostas ás preguntas de comprensión lectora. Se vos aburrides, podedes xogar nesta web sobre cultura popular galega, con preguntas tipo "trivial", simplemente para saber máis.



CIENCIAS SOCIAIS

Ben, continuamos co tema do relevo de España. Hoxe comezaremos a estudar OS RÍOS.

Con respecto aos ríos, hai que saberse OS 8 RÍOS PRINCIPAIS da Península Ibérica. 


Os nomes en galego son: Miño, DOURO, TEXO, Guadiana, Guadalquivir, Segura, XUQUER e Ebro. É importante que primeiro saibades a que vertente pertencen, isto é, se desembocan no Océano Atlántico ou no Mar Mediterráneo. No Mar Cantábrico tamén desembocan ríos, pero son moi curtos porque nacen en montañas que están moi cerca da costa.

Atoparedes mapas con moitos máis ríos, algúns son moi importantes para os territorios que atravesan. E tamén os ríos principais teñen AFLUENTES, ríos que desembocan no río principal. Por exemplo, no caso do río Miño, o río Sil é moi importante porque é máis caudaloso que o Miño e ademáis forma unha das paisaxes máis fermosas de Galicia: a Ribeira Sacra e os Canóns do Sil.

Para coñecer onde está cada río, déixovos o enlace á web dos mapas flash interactivos e facedes un dos exercicios (on line) sobre os 8 ríos. Pero recordade que HAI QUE SABELOS e estudialos, mañá propoñereivos unha actividade de investigación sobre eles.


Facede da columna do "¿Cómo se llama?" o que pon "Ríos de España 2 (fácil)"

CIENCIAS NATURAIS

Hoxe mándovos por correo electrónico o control que iamos facer sobre o traballo do coroavirus. Coido que é doado e tedes os apuntes, así que agardo que non vos resulte complicado facelo. Probade!! E non desesperedes, que o volveremos facer á volta.

Nada máis por hoxe. Coidádevos. Ata mañá!!





luns, 23 de marzo de 2020

MARTES 24 DE MARZO

Un día menos!! Hoxe poñereivos tarefas segundo o horario: Matemáticas, Lingua e Lingua Castelá.


MATEMÁTICAS

Bueno, no sé si ayer vistéis "Aprendemos en casa". Hubo alguna actividad que estuvo bien, como el repaso de la división o la realización de operaciones combinadas. Espero que en otras áreas sea un poco más entretenido porque, bajo mi punto de vista, hubo momentos de un poco de "rollo".

Hoy os propongo hacer un simulacro de control. Lo he mandado a vuestras familias por correo electrónico y sería prácticamente lo mismo que os pondría si tuviésemos clase normal. No importa que consultéis porque es imposible controlar quién es capaz de hacerlo con ayuda o sin ella. ¡¡Pero intentadlo!! Cuando volvamos a clase podéis entregármelo, pero haremos uno similar, así que os recomiendo que no abuséis del libro para resolver los problemas o hacer los cálculos. ¡Ah! Y LEED BIEN los enunciados de las preguntas, muchas veces falláis por errores de lectura o cálculo



LINGUA GALEGA

Vaaaaaale! Agora teredes unha sorpresa... KAHOOT!!! Tedes que entrar nesta ligazón, poñer o voso nome real e facer este REPASO de Lingua. Tedes ata ao xoves para facelo, non hai que poñer ningún código porque non o faredes todos á vez.

Procurade fixarvos e ler ben, penso que é doado e non teredes problema. Esta é a ligazón


(se non funciona, engadide o código 0640573)


LINGUA ESPAÑOLA

Os dejo las respuestas a los ejercicios del miércoles pasado. 


Y continuamos con el vocabulario de la página 125. Es sobre las onomatopeyas, que ya sabéis lo que son, así que hacéis los ejercicios del 1 al 5. ¡Son muy fáciles!





Bueno, por hoy llega. ¡No desesperéis y procurad distribuir bien el tiempo entre juego, ejercicio, trabajo del cole...! Tiempo tenemos a rabiar, así que no paséis horas y horas colgados de los videojuegos. ¡Y leed! Seguro que cuando volvamos al cole tendremos muchas cosas que contar y, de alguna manera, nos cambiará la visión del mundo y de las cosas importantes

¡¡ABRAZOS VIRTUALES A TODAS Y A TODOS!!


domingo, 22 de marzo de 2020

LUNS 23 DE MARZO. DE NOVO AQUÍ

Bos días a todas e a todos. Comezamos unha nova semana, a ver se consigo que vos divirtades e avancemos algo máis. Xa sabedes como van as cousas, parece que estaremos en corentena máis tempo, así que ÁNIMO!!,  e non perdades a paciencia.


VALORES CÍVICOS E SOCIAIS


Hoxe imos ver un vídeo que está na web da biblioteca do cole, en Biblioanxo. Déixovos aquí a ligazón. 


Unha vez que vexades o vídeo, facede estes tres exercicios:

1) En que país cres que acontece a curta? Hai unha pista moi clara nunha das esceas, sae un mapa... que a min particularmente me resulta MOOOOI coñecido.

2) Sabes quen foi Erno Rubik? Consulta esta web e escribe en poucos liñas quen é 

3) Agora ti so / soa. Escribe un pequeno texto (5-6 liñas) sobre as consecuencias do uso e abuso das novas tecnoloxías fronte aos xogos tradicionais: que vantaxes e desavantaxes teñen ambas as dúas formas de ocio, como nos pode cambiar o comportamento, etc.


MATEMÁTICAS

Os pongo la solución a los ejercicios del miércoles




Y hoy empieza una programación especial en TVE, en el canal Clan con el título "APRENDEMOS EN CASA". Y los lunes toca Matemáticas, así que hoy a las 11:00 poned la tele y repasad. Yo también lo voy a ver y podéis hacer algún comentario de lo que os ha parecido.


Por cierto, mañana o pasado voy a mandar a los correos electrónicos de vuestras familias un modelo del CONTROL que íbamos a hacer. Lo imprimís e intentáis hacerlo, no os voy a decir que no miréis el libro porque lo vais a hacer, pero procurad usarlo lo menos posible... sed honest@s!!! ;)

CIENCIAS SOCIAIS

Hoxe será un xogo. É un repaso das coordenadas xeográficas que demos no tema 0. Durante a semana seguiremos co tema 1, o relevo de España, estudando os ríos. Pero iso, mañá. Facede clic na seguinte ligazón para o xogo das coordenadas


E por hoxe, nada máis. Non vos esquezades de ler un pouquiño "Invisible" e de facer exercicio, non tanta consola nin "Fortnite" 😉



mércores, 18 de marzo de 2020

MÉRCORES 18 DE MARZO... E DESPOIS ATA LUNS!!!

Ben, levamos xa tres días de corentena. Supoño que algún ou algunha xa preferiría estar no cole... nonsí? Vale, vale, ao mellor non. Eu dígovos a verdade: SI, basicamente para ter a rutina da vida normal. Esta situación vainos ver a vida doutro xeito, nin os vosos pais e as vosas nais, nin ningún dos mestres vivimos nunca algo así, un ESTADO DE ALARMA de tanta restrición de mobilidade vinculado a unha emerxencia sanitaria, a unha pandemia.

En Ciencias Naturais fixestes os traballos do coroavirus (acordarémonos sempre del, non me cabe dúbida), quedábanos por facer un control que xa estivo a piques de acontecer. Se cadra hai dúas palabras que citei aquí que aínda non quedaron moi claras, así que vos propoño dúas preguntas sobre elas e outra máis:

1) Que diferencia hai entre unha "pandemia" e unha "epidemia"?

2) Que significa a palabra "corentena"?

3) Que consecuencias sociais e económicas está a ocasionar a crise do coroavirus? Escribe un pequeno texto sobre elas

Podedes consultalas nun dicionario, pero como algúns os tedes na clase, déixovos aquí as ligazóns ao dicionario da Real Academia Galega e ao da Real Academia Española. E déixovos tamén o enlace ao xornal Nós Diario, no que poderedes atopar información sobre a terceira pregunta.


Real Academia Española

Nós Diario





LINGUA

Hoxe vai ser tranquilo. Déixovos ligazón a unha web de sopas de letras, así repasades vocabulario (un par delas, as que queirades, ou máis se estades entretidos...). Para a semana traballaremos un pouco máis, eh?


MATEMÁTICAS

Corrijo los ejercicios de ayer:

- El 70% es más de la mitad, lógicamente. Por lo tanto, si hay un 70% de agua en la Tierra, el 30% es lo que no está ocupado por el agua.

- En el texto dice que el 94% del agua de la Tierra es salada, por lo tanto el 6% es agua dulce. Por lo tanto, de cada 1000 litros de agua que hay en la Tierra, 940 son agua salada y 60 agua dulce.

- Para esta pregunta hay que consultar el gráfico primero. Por 1000 l de agua DULCE, 712 litros son agua subterránea; 283 litros de hielo y solo 5 litros agua superficial y atmosférica.

- Si tenemos 1.000.000 de litros de agua, tenemos que mirar los dos gráficos y el texto. Así tendríamos:

  • 940.000 litros de agua salada
  • 60.000 litros de agua dulce, y de ésta:
  • 71'2 % de 60.000 = 42.720 litros de agua subterránea.
  • 28'3 % de 60.000 = 16.980 litros de hielo.
  • 0'5 % de 60.000 = 300 litros de agua superficial y atmosférica, y de estos 300 litros...
  • 96'2 % de 300 = 288'6 litros de agua dulce en lagos.
  • 3'3% de 300 = 9'9 litros de agua dulce en la atmósfera.
  • 0'5 % de 300 = 1,5 litros de agua dulce en los ríos.

¿Os acordáis que HOY tendríamos el control de Matemáticas? Evidentemente no puedo deciros cuándo va a ser, así que os voy a mandar unos ejercicios de REPASO. 

De la página 131 hacéis en el cuaderno los números 3, 6 y 7, y de la parte de los problemas escoged otros 3 (los que queráis) y los hacéis también. ¡No protestéis tanto, que ya os oigo aquí! ;)





LENGUA CASTELLANA

¿Os acordáis que empezamos el tema 8 pero dejamos la lectura sin leer? Pues leemos "LA PRUEBA DE LAS SEMILLAS" y hacemos por escrito los ejercicios de comprensión lectora de la página 124

Ejercicios 3, 4, 6, 9, 10 y 11. El resto podéis leerlos y pensad la respuesta, los haremos orales cuando volvamos. Si hay alguna palabra de la lectura que no entendéis, podéis consultarla también en el diccionario on-line que os puse en la sección de Lingua Galega.



Pois volveremos o luns... a ver como vai isto do COVID-19, tomádeo con paciencia. E aplaudide ás 8 da tarde!! 

Unha aperta grande, grande



martes, 17 de marzo de 2020

MARTES 17 DE MARZO: LINGUA CASTELÁ, MATEMÁTICAS E CIENCIAS SOCIAIS

¡Hola de nuevo! Con ánimo, ¿eh? Seguro que empezasteis haciendo el calentamiento del blog de Gerardo, no hay duda que volveréis en forma

Hoy empezamos con LENGUA ESPAÑOLA. Os dejo aquí dos enlaces con dos lecturas (esperemos que funcionen bien) y ejercicios que podréis hacer on-line


Como empezamos ya el tema 8 y dejamos la lectura sin hacer, para mañana os pondré leerla y algunos ejercicios del libro, pero eso... mañana.





MATEMÁTICAS

Hoy, libro, es lo más práctico. Leemos y hacemos los ejercicios del apartado 1 de la página 130 (Tema 8)



CIENCIAS SOCIAIS

E para rematar, un vídeo de Ciencias Sociais que vos serve de repaso do que puxen onte, o relevo de España. Apuntade os sistemas montañosos e fai un esquema tal e como sae no vídeo.



Aproveitade para axudar na casa, ordenar un pouco o cuarto... serán días que van cambiar os nosos hábitos pero de seguro que sacaremos algo positivo de todo isto.

APERTIÑAS!!


luns, 16 de marzo de 2020

LUNS 16, CIENCIAS SOCIAIS (ACTUALIZADO)!!!!

Pois para que comecemos con calma, póñovos as ligazóns dos mapas-flash. Imos ir facendo os do relevo de España (interior, costas e ríos), aínda que está en castelán non pasa nada, tedes que ir sabendo onde situamos as cordilleiras, as depresións, os cabos, os golfos...

A ligazón xeral é esta:

Mapas Flash Interactivos


NOTA: Probade nesta outra ligazón a ver se vos vai, non son os mesmos mapas, pero para aprender valen igual

Mapa do relevo de España

Unha vez na páxina inicial, clicade na columna de "¿Como se llama?" en "Relieve de España" (outro día faremos costas e ríos) e logo na columna de "¿Dónde está?" na mesma ligazón. Vós xa coñecedes a páxina doutras veces, así que... a traballar!!


Coido que hoxe nada máis. Lede un pouco de "Invisible" e, se continúa a convocatoria de aplaudir polas ventás aos sanitarios, facédeo, é unha mostra de solidaridade e cariño que agradecen e ademáis algúns e algunhas de vós tedes a papá ou a mamá que tamén están axudando no CHUAC para que todo isto remate pronto. É importante cumplir as normas que nos deron, así que xa sabedes

#EuQuedoNaCasa