martes, 26 de febreiro de 2019

UN FOGAR PARA ESTRELA - ZAIRA ORTEGA CALVO

A segunda lectura de Zaira trata sobre unha cegoña chamada Estrela. En Un fogar para Estrela Zaira nos comenta como ensinanza que a pesares de pasalo mal nalgunha etapa da túa vida, sempre hai xente boa que che pode facer ben. Seguro que vos gusta lelo e a min personalmente gústame que as nenas e os nenos se dean conta de que con esforzo e sen perder nunca a ilusión, pódense conseguir moitas cousas na vida.





domingo, 24 de febreiro de 2019

ANIMATRÓNICOS - MARCOS SANTOS GARCÍA

Hoy Marcos Santos nos deja a todos un tanto desconcertados. Nos presenta un libro muy curioso, Animatrónicos,  escrito por dos youtubers. La acción se desarrolla en México, entre momentos graciosos y crímenes sin sentido... Él nos recomienda que lo leamos, creo que será toda una sorpresa.





domingo, 17 de febreiro de 2019

NOVO MUNDO (Isabel Zendal e a expedición da vacina) - VALLE MARTÍNEZ MARTÍNEZ

Hoxe imos contar unha historia ben bonita e aínda pouco coñecida. Hai máis de 200 anos, aquí na Coruña, grazas a unha enfermeira chamada Isabel Zendal e a 22 nenos (entre eles o seu fillo e 21 mais do orfanato da cidade), contribuiron a un dos grandes avances na mediciña. A vacina da variola foi levada a América nos seus corpos nunha expedición que partíu do porto da Coruña e que se chamou "Expedición Balmis".




Nos últimos anos a figura de Isabel Zendal está sendo recuperada na memoria da cidade, fíxose unha serie de televisión con nenos galegos (entre eles dous que foron alumnos do noso cole), unha rúa da cidade leva o seu nome e existe unha asociación que se encarga de difundir a figura desta muller e a súa valentía para marchar cara a América coa responsabilidade de coidar deses 22 rapaciños.


Pois ben, Valle leu o libro que conta esta expedición e quere compartilo con todos e todas. Para que a entrada quede non só co vídeo, deixamos tamén unha foto da rúa que leva o seu nome na Coruña e convidámosvos a que investiguedes máis sobre a historia desta gran muller e... por que non? Sería marabilloso que un colexio da nosa cidade levase o seu nome... Aí o deixo ;)










venres, 8 de febreiro de 2019

MARCOPOLA A ILLA REMEIRA, AVOA POWER - ENZO PRIETO RODRÍGUEZ

Voltamos a presentar outro dos contos de banda deseñada de Jacobo Fernández Serrano, esta vez o número 4 da serie de Marcopola, a Illa Remeira (Avoa Power). Paréceme que Enzo lle colleu gusto a isto das cámaras e xa é a súa segunda intervención no blog. Vén acompañado de Alejandro, que se apelida igual que o autor do conto, o que lle fai moita gracia e o comenta tamén no vídeo. Agardamos comentarios e por suposto, que vos guste!





domingo, 3 de febreiro de 2019

OS SABUXOS DIVIRTENSE NO MUSEO PROHIBIDO - ALEJANDRA ALONSO CANABAL

Nesta xeira aparecen hoxe Alejandra acompañada de Emma Seguí, moi divertidas e sorrintes, a presentarnos Os Sabuxos divírtense no Museo Prohibido, do escritor galego Jaureguízar (que non pronuncian ben o seu nome pero fan unha gracia incrible, seguro que a el lle gusta). Pasámolo "bomba" con elas gravando o vídeo, así que agardamos que vós tamén disfrutedes e, por suposto, leades o libro. 

Deixádenos os vosos comentarios!! GRAZAS