martes, 21 de abril de 2020

MARTES 21 DE ABRIL

Bo día! Sabedes que esta semana é o Día do Libro, o xoves 23. Entrade no blog da biblioteca porque estamos publicando cousas, a primeira delas é o recitado dun poema polo voso titor 😃😃


Isto é solo o principio, haberá outras cousas de aquí ao venres. Agora imos co que temos que ir.

LINGUA GALEGA

O venres puxen oracións en castelán para identificar o suxeito e o predicado. Hoxe póñovolas en galego, a ver cantas facedes ben

  • A cadela de Mercedes trabou na perna a Ramón
  • Voltaremos á normalidade no mes de xullo
  • Onte morreu a avoa de Xosé
  • Elas mercaron o agasallo para o pai de Xoán
  • No tren de Madrid viñeron vinte pasaxeiros
  • Pedín por Internet un móbil novo
  • A vacina da variola é gratuita
  • Fixo Celia os vídeos do blog da biblioteca
  • Os compoñentes do grupo de teatro do "Anxo da Garda" gañaron o primeiro premio.
  • Non funcionan os semáforos da rúa Rosalía de Castro.
Ollo! Pensádeas ben. E mellor facédeas no caderno ou nun documento de texto, mañá poño as solucións

CIENCIAS SOCIAIS

Parece ser que algún / algunha de vós NON TEN o libro de Sociais porque o deixou no colexio. Por iso estou colgando aquí capturas de pantalla para facer as actividades. Pensade que imos avanzar, non moito pero si imos dar algunha cousa nova que sexa doada e sinxela, igual que faremos actividades de repaso. Ademáis no último trimestre de 6º e de toda a Primaria normalmente tamén hai moitas cousas de repaso, pois máis aínda agora.

Hoxe póñovos un mapa que está na páxina 31 do libro, que é dos PARQUES NACIONAIS de España. O curso pasado cando estivo Ángela fixestes un traballo dun parque nacional, así que isto non vos soa a "chinés". 

Tedes que facer os exercicios 1 e 3 (sobre todo), que trata de indicar qué tipo de paisaxe hai en cada Parque Nacional de España. Para que teñades máis información déixovos unha ligazón á web oficial dos parques nacionais, que xa o ano pasado consultastes para facer o traballo con Ángela.

Se visitastes algún (en Galicia está o Parque Nacional das Illas Atlánticas), escribide un pequeno texto sobre esa excursión, o que recordedes dela. Eu estiven en 6!!





MATEMÁTICAS


En 5º dimos un poco por encima el tema de las superficies, pensando en que lo íbamos a tratar con más profundidad en 6º. Voy a intentar explicároslo y hacer algún ejercicio SIMPLE para que cuando estéis en el instituto tampoco os suene "a chino".

¿Recordáis que para medir la superficie de algo se utilizaban medidas "al cuadrado"? Así, decimos que la superficie de un piso es de 80 m2 (metros cuadrados), de una finca de 1500 m2 o de un territorio, por ejemplo, Galicia, decimos que su superficie es de 29574 km2 (kilómetros cuadrados).

Si para las medidas de longitud sabemos que, para cambiar de una unidad a otra multiplicamos o dividimos por 10 (acordaos de la "escalera" que puse aquí), para las medidas de superficie tenemos que multiplicar x 100 (si "bajamos" de unidad de medida) o dividir  entre 100 (si "subimos"). Es decir, 1m2 = 100 dm2 = 10000 cm2 =
1.000.000 mm2. Aquí tenéis el gráfico mío de nuevo y el que viene en el libro en la página 138



Bueno, pues intentad hacer el ejercicio 1 de la página 138 y del 2 haced solo un grupo de los dos que hay (3 ejemplos, tenéis uno de modelo)


Mañana os pongo las soluciones y si tenéis dudas, podemos hacer otro día videoconferencia y las aclaramos, a lo mejor sería interesante dedicar una hora los viernes, por ejemplo, u otro día, para vernos on-line y que hagáis preguntas de cosas de clase, con las limitaciones que tiene explicar on-line... Bueno, podríamos intentarlo, ya hablaremos.




3 comentarios:

Nuevo comentario en ANXOBOOKTUBERS