sábado, 24 de novembro de 2018

BENVIDOS!

Dende o CEIP Plurilingüe "Anxo da Garda" da Coruña, o alumnado de 5º de Ed. Primaria queremos este ano comezar unha nova aventura. O noso titor propúxonos face de "booktubers", recomendando libros que nos gusten e que lemos tanto na casa coma na "Hora de Ler" no cole. Haberá variedade e tamén teremos erros porque as cámaras impresionan un pouco, pero queremos intentalo e sobre todo, pasalo ben cos libros.

Agardamos que vos gusten as nosas propostas, se é así dádelle a "like" ;) E se non vos gusta tamén o podedes dicir, pero por favor, somos nenos e nenas de 9 e 10 anos, non merecemos unha crítica salvaxe e con xenreira, tentámolo facer o mellor que sabemos... e que o noso profe sabe (isto é un segredo porque o das cámaras non se lle dá moi ben, pero coma nós polo menos, inténtao).

Temos xa os primeiros vídeos gravados e editados, nuns poucos días poderedes comezar a ver as nosas "producións". E nada máis polo de agora. Alá imos!!!!




2 comentarios:

  1. ¿Quién podría pensar que un blog de exponer libros de 5º se iba a convertir en una manera de enviar los deberes de sexto por culpa de la cuarentena? ("/)
    ¡Por que yo no!

    ResponderEliminar
  2. Aún me acuerdo de este blog y a veces lo visito para recordar un poco los momentos antes del covid

    ResponderEliminar

Nuevo comentario en ANXOBOOKTUBERS