domingo, 17 de febreiro de 2019

NOVO MUNDO (Isabel Zendal e a expedición da vacina) - VALLE MARTÍNEZ MARTÍNEZ

Hoxe imos contar unha historia ben bonita e aínda pouco coñecida. Hai máis de 200 anos, aquí na Coruña, grazas a unha enfermeira chamada Isabel Zendal e a 22 nenos (entre eles o seu fillo e 21 mais do orfanato da cidade), contribuiron a un dos grandes avances na mediciña. A vacina da variola foi levada a América nos seus corpos nunha expedición que partíu do porto da Coruña e que se chamou "Expedición Balmis".




Nos últimos anos a figura de Isabel Zendal está sendo recuperada na memoria da cidade, fíxose unha serie de televisión con nenos galegos (entre eles dous que foron alumnos do noso cole), unha rúa da cidade leva o seu nome e existe unha asociación que se encarga de difundir a figura desta muller e a súa valentía para marchar cara a América coa responsabilidade de coidar deses 22 rapaciños.


Pois ben, Valle leu o libro que conta esta expedición e quere compartilo con todos e todas. Para que a entrada quede non só co vídeo, deixamos tamén unha foto da rúa que leva o seu nome na Coruña e convidámosvos a que investiguedes máis sobre a historia desta gran muller e... por que non? Sería marabilloso que un colexio da nosa cidade levase o seu nome... Aí o deixo ;)










Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nuevo comentario en ANXOBOOKTUBERS