martes, 24 de marzo de 2020

MÉRCORES 25 DE MARZO

Antes de empezar... RECORDEMOS!! Estamos nunha situación EXCEPCIONAL e cando mandamos traballo para facer e propoñemos actividades, sede conscientes de que todo temos que adaptalo á situación excepcional que está todo o país a vivir: vós nas vosas casas, nós tamén, todas as persoas que seguen traballando para sair pronto desta crise sanitaria, acordádevos sempre delas: persoal sanitario, persoal de supermercados, de transporte, etc. Acordádevos que hai xente que está nunha situación de risco maior que todos nós. Para eles e elas sempre eses aplausos das 20:00 h.

Por favor, actuade "con sentidiño", preguntade cousas que sexan importantes e se non podedes imprimir un documento, podedes descargalo e facer os exercicios nos cadernos de clase. Non se vos vai pedir unha "excelencia" no resultado, pero si que traballedes. Pensade que todas as mestras e todos os mestres de toda Galicia e España estamos traballando nun contexto novo, buscando recursos novos, actividades que vos motiven e que vos ocupen o tempo, son moitas horas na casa e debemos seguir así no só polo noso ben e a nosa saúde, senón tamén polo ben de TODOS e TODAS. Dacordo? Pois imos aló!!

MATEMÁTICAS

¿Qué tal fue el "control"? Imagino que con ayuda bastante mejor. ¿Fuisteis honestos con vosotros mismos y no recurristeis al libro, a la calculadora, al amigo de whats app, a papá o a mamá? No sé, no sé... estoy convencido que NADIE suspendió. Si alguien lo quiere escanear y mandármelo al correo, puede hacerlo. Si no, guardadlo y cuando nos volvamos a ver, hablamos de él

Aún no voy a empezar un tema nuevo. Vamos poco a poco. Hoy os dejo unas actividades que bien podríamos estar haciendo estos días, se trata de resolver problemas de una compra on-line.



LINGUA GALEGA

Xa vin que a maioría fixestes o "kahoot", pero o que non valía era repetilo ata tres veces!!! 😎😎😎

Hoxe volvemos ao libro e lemos a lectura do tema 8, "O estraño empregado”. Exercicios 2, 4, 5, 8, 9 e 11 da páxina 120. Para investigar sobre os vampiros, podedes ir a esta ligazón: 



Mañá póñovos as respostas ás preguntas de comprensión lectora. Se vos aburrides, podedes xogar nesta web sobre cultura popular galega, con preguntas tipo "trivial", simplemente para saber máis.



CIENCIAS SOCIAIS

Ben, continuamos co tema do relevo de España. Hoxe comezaremos a estudar OS RÍOS.

Con respecto aos ríos, hai que saberse OS 8 RÍOS PRINCIPAIS da Península Ibérica. 


Os nomes en galego son: Miño, DOURO, TEXO, Guadiana, Guadalquivir, Segura, XUQUER e Ebro. É importante que primeiro saibades a que vertente pertencen, isto é, se desembocan no Océano Atlántico ou no Mar Mediterráneo. No Mar Cantábrico tamén desembocan ríos, pero son moi curtos porque nacen en montañas que están moi cerca da costa.

Atoparedes mapas con moitos máis ríos, algúns son moi importantes para os territorios que atravesan. E tamén os ríos principais teñen AFLUENTES, ríos que desembocan no río principal. Por exemplo, no caso do río Miño, o río Sil é moi importante porque é máis caudaloso que o Miño e ademáis forma unha das paisaxes máis fermosas de Galicia: a Ribeira Sacra e os Canóns do Sil.

Para coñecer onde está cada río, déixovos o enlace á web dos mapas flash interactivos e facedes un dos exercicios (on line) sobre os 8 ríos. Pero recordade que HAI QUE SABELOS e estudialos, mañá propoñereivos unha actividade de investigación sobre eles.


Facede da columna do "¿Cómo se llama?" o que pon "Ríos de España 2 (fácil)"

CIENCIAS NATURAIS

Hoxe mándovos por correo electrónico o control que iamos facer sobre o traballo do coroavirus. Coido que é doado e tedes os apuntes, así que agardo que non vos resulte complicado facelo. Probade!! E non desesperedes, que o volveremos facer á volta.

Nada máis por hoxe. Coidádevos. Ata mañá!!





11 comentarios:

  1. Hola Alfonso :) una preguntita de que página son ejercicios de mates?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Son de un cuadernillo que tenemos los profes, no están en el libro vuestro

      Eliminar
  2. Alfonso, soy Alejandra. A nuestro padre no le llegó el examen, entonces no lo pudimos hacer. No sé qué pasó ahí.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Alejandra, soy Antía.´
      ¿De qué examen no te llego el correo?
      Porque sino, te puedo pasar las fotos del control por Hangouts.

      Eliminar
  3. Hola, soy Antía.
    Tengo puesto mi correo, no sé porque aparecía: Unknown.
    El caso es que el correo que le llego a mi madre del examen del coronavirus, a mi me lo reenvió y a mi me deja escribir en el PDF así que ya de paso, si te parece bien lo hago en el PDF y te lo mandó.
    O ya me lo guardo y a la vuelta ya te lo doy.
    Si te parece bien.

    ResponderEliminar
  4. Yo no lo hize tres veces, lo hize una, lo que pasó fue que no me iva y la tercera me fue, y por eso está tres veces mi nombre, la buena es Aarón L.R.

    ResponderEliminar
  5. Podeis reenviármelo al correo si lo habéis hecho o dármelo a la vuelta, como queráis.

    Alejandra, voy a mirar de reenviaros el correo con el control

    ResponderEliminar
  6. Alfonso, soy Valle, mi madre me iba a imprimir el control, pero es q la impresora no nos funciona y no carga, voy a pedir las preguntas del examen y las copio en papel, era solo para avisar, un saludo

    ResponderEliminar
  7. Quen o fixo 3 veces o Kahoot para sacar boa nota e non porque non lle iba?

    ResponderEliminar
  8. Hola soy Marcos G. No me llego el correo con lo de natu.
    Por cierto lo de frances lo mandas mañana no??

    ResponderEliminar

Nuevo comentario en ANXOBOOKTUBERS