Hoxe sería un deses días que tanto nos gustan, o día que dan as vacacións. Acordarédesvos toda a vida desta circunstancia: "No ano 2020 non houbo vacacións de Semana Santa por unha pandemia". Temos que seguir confinados na casa, agardando novas sobre o maldito coroavirus, ás veces penso que coñecelo tanto como o fixemos non foi boa idea, pero canto máis se coñeza ao inimigo, máis pronto se pode con el.
É o último día que vos deixo exercicios ata que nos digan se isto continúa ou non. Eu penso que continuará o confinamento e aínda tardaredes en volver ás aulas. Tedes que ser fortes, sacar os pensamentos negativos da cabeza, entretervos non só cos videoxogos, e intentar descubrir novas aficións. Eu, por exemplo, aprendín a facer PAN!!, e mirade que ben me saíu 😉
MATEMÁTICAS
Os pongo la solución a los ejercicios de ayer.
Y para estos 10 días solo hacéis los problemas de la página 137, el ejercicio 4.
LINGUA ESPAÑOLA
Ayer os dije que el ejercicio de ortografía era con Indiana Jones... pues no, el ejercicio con el arqueólogo más famoso del cine es hoy. Sus aventuras nos servirán para repasar los textos periodísticos en este enlace.
Ya vi en los comentarios que os disteis cuenta de las faltas de ortografía de la boca de incendios de la foto de ayer. Lógicamente la palabra tenía que estar escrita así: "EXCLUSIVO".
CIENCIAS NATURAIS
Despois de facer as preguntas da Expedición Balmis, hoxe gustaríame que lerades estas dúas noticias sobre unha posible vacina para o coroavirus.
E gustaríame que fixerades unha valoración:
- Por que credes que custa tanto descubrir unha vacina e poñela a disposición das persoas?
- Prestaríaste ti como neno ou nena a participar nun estudo ou nunha viaxe como os nenos de hai dous séculos?
Contestades no caderno e falamos disto cando nos vexamos
PARA REMATAR
Teño que dicirvos algo IMPORTANTE. Todos os mestres e mestras de Galicia estivemos a traballar on-line para o noso alumnado dende o día 12 de marzo. E por instrucións da Consellería de Educación tivemos que avaliar o voso rendemento ata ese día, isto é, poñer a notas do 2º trimestre. As vosas familias recíbenas hoxe por Abalar Móbil. E quero que, aínda que algúns levades alguna asignatura suspensa, non vos desanimedes porque faltábanos un control e tivemos que poñer as notas coas calificacións que tiñamos. Eu estou seguro que de ter feito os controis que xa tiñamos programados, algúns de vós aprobaríades. Pero INSISTO en que non vos preocupedes, cando voltemos sexa o tempo que sexa haberá tempo para arranxar todo e ademáis este curso xa é excepcional polo que está a acontecer.
Para que non vos desanimedes, o colexio quere regalarvos un vídeo. Onte foi o Día Mundial do Autismo e o noso centro sabedes que sempre celebrou ese día porque sempre tivemos varios nenos con autismo no centro. Na web do colexio e no blog de Anxo Pictogramas aparece este vídeo que fixeron dende as súas casas os nenos e nenas de 1º de Primaria. Seguro que vos gusta. Déixovos aquí a ligazón e aplicádevos a letra da canción... falaremos dela tamén!! 👏👏👏💙💙💙💙
E xa nada máis... só desexarvos que fagades caso ás vosas familias, que sigades lavando as mans e se voltamos pronto ás aulas, darémosnos unha forte aperta porque necesitamos máis que nunca facelo. Moito ánimo!!
Hola Alfonso. Soy Marcos G felices vacaciones y ojala que nos veamos pronto.
ResponderEliminarGracias Marcos. Yo también quiero que nos veamos pronto.
EliminarUn saludo a ti y a tus padres
Alfonso, en la página 130 no hay ejercicio 4, además, esos problemas ya los hicimos, te equivocaste de página?
ResponderEliminarPERDÓN!!! Página 137!!! Lo corrijo ahora
EliminarAlfonso si y Blanca,en el mayor de los relevos de España la tablet se me quedaba colgada y por eso hay 3 mios,el verdadero es:
ResponderEliminar"Blanca(real)"
Lo de real es del nombre.
Suscribíos a mi canal de youtube, Aronax999, no sé si lo sabíais, pero, soy Aarón.
ResponderEliminarAarón, calla.
EliminarAarón, a qué vino eso???
Eliminar-_- -_- -_- -_- -_-
Ahora, decidid, preferís el cole o estar en casa todo el día?
ResponderEliminarNo sé quién eres, pero yo prefiero el cole.
EliminarLo de Indiana Jones está muy chulo.
ResponderEliminarY no me callo.
ResponderEliminar¡SEMANA SANTAAAA!
ResponderEliminarUn momento, ¿de qué me sirve si no puedo salir de casa?
ResponderEliminarNo se quien eres,pero tienes razón
EliminarPor cierto soy Blanca
Eliminar