luns, 4 de maio de 2020

MARTES 5 DE MAIO


ANTES DE COMEZAR... (IMPORTANTE)

Ben, comezamos unha nova semana. Quería dar uns avisos antes de comezar que penso son importantes.

O blog é a canle de comunicación que temos para propoñer as actividades e comentalas. Moitos e moitas estades a facelo, pero hai algún / algunha de vós dos que non sei nada dende hai moitos días. Teño constancia de que vos conectades, pero non vale só facer un "kahoot".

Hai que ler TODO o que poño no blog. Intento que entendades o que vos pido en cada actividade, que disfrutedes, que estedes entretidos... Tamén hai moitos e moitas de vós que me manifestades que vos gusta, outros dicides que son moitas actividades. Os mestres temos que programar actividades para cada semana e controlar que as recibides e valorar o que nos reenviades (no meu caso digo moi claro que é o que quero que me mandedes de volta). 

Hai actividades que facedes moi ben e outras non tanto. Por exemplo, o mapa de Europa non era só unir as cidades de Bergen - Atenas, Lisboa - Bakú, senón tamén indicar qué formas de relevo atravesan esas liñas, as principais (por exemplo, as penínsulas do sur de Europa, os Apeninos, o mar Báltico, etc.). Díxenvos que mirárades no libro e se non, nun mapa online. Non é necesario que o repitades quen non o puxo, pero si LER.

As actividades que vos mandan os especialistas (Música, Inglés, Francés, Relixión...) tedes que enviárllelas aos seus correos electrónicos se vos din que o fagades. Por iso é importante LER TODO o que vos escribo.

Estades conectados, seguides aí e nós tamén. Polo que oídes na televisión ou ledes en Internet é máis que probable que NON VOLVADES ao colexio, pero si haberá notas da 3ª avaliación, nunca para prexudicarvos, senón para favorecervos... pero por iso aqueles que tiñades algunha asignatura suspensa nos dous primeiros trimestres tedes que traballar e enviar o que vos mando, nalgún caso non o facedes. Insisto, SÓ O QUE VOS MANDO, chega de sobra para manter ese control do voso traballo.

Gustaríame que o que facedes do colexio o fagades con interés. Pode nalgún momento ser aburrido, seino, pero tamén tratamos de buscarvos actividades máis motivadoras, e asegúrovos que non é doado encontralas. Pero non deixedes de intentar facelas, e a poder ser BEN.

Xa queda menos! Non vos desanimedes, xa podemos saír unhas horas ao día a pasear ou facer deporte e pouco a pouco se "abrirá" de novo a vida. Pero é importante que teremos que manter medidas de hixiene e distancia social, por iso os colexios non deben abrir para vós, sería impensable metervos aos 27 na clase e moito menos a 200 rapaces e rapazas no recreo. Pero ben, iso non depende dos mestres, senón da Inspección Educativa e da Consellería de Educación, así que o que se decida se lles informará ás vosas familias.

E agora imos coas actividades que para empezar, xa está ben! 😇😇

SORPRESA EUROVISIVA!!!

Ben, sabedes que eu son "profe" de Música, así que neste vídeo propóñovos algo que ten que ver co Festival. Creo que Andrea tamén vos falou desta música, así que hai que atreverse!!!


Trátase do Himno de Eurovisión, co que empeza cada ano a retrasmisión europea do Festival. É unha obra barroca (s. XVII) chamada "Te Deum" dun compositor que se chamaba Marc Antoine Charpentier. Podedes oilo dunha orquestra aquí.



LINGUA GALEGA

Hoxe facemos unha fotocopia de repaso de acentuación que vos deixo en Google Drive


E nesta ligazón hai tamén un exercicio que vos dá a nota ao instante unha vez rematado. Probádeo!


POR ÚLTIMO: recordade que HOXE é o último día para as vosas propostas para a PALABRA DO MES. E só recibín 4!!

MATEMÁTICAS

Hoy tenéis que enviarme esta hoja de problemas RESUELTA, solo son dos y seguro que lo hacéis perfectamente





LINGUA ESPAÑOLA

Y por último una lectura fácil (esta NO HACE FALTA que me la enviéis)





Mañana, más sorpresas... alguna adivinanza geográfica europea también. Chao!! 💪💪💪😎😎

22 comentarios:

  1. Ola Alfonso!!Esquecéuseme a palabra do mes...A miña é PINCHACARNEIRO.
    E sobre o Himno Eurovisivo, non temos a partitura...
    Outra pregunta, só che entregamos a ficha de Mate?
    O repaso de acentuación non?
    En fin, teño bastantes preguntas pero agardo que mas podas respostar.
    Un saludo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Noa Vila. A partitura está no blog de Andrea e resulta máis fácil da que sería a que toco eu (a miña leva Si bemol, a de Andrea Si natural)

      Entregades a ficha de MATE, o repaso é iso, repaso.

      Eliminar
    2. Hola Noa, la partitura está en el blog de Andrea.
      Al final del todo de los deberes que nos pone de hoy.

      Eliminar
  2. Unknown era eu, Noa Vila. Non sei porque aparece iso...

    ResponderEliminar
  3. Mi palabra del mes es neve, soy Aarón.

    ResponderEliminar
  4. Alfonso, ¿qué hay que hacer exactamente en el último ejercicio de la comprensión lectora de religiones orientales?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hola Alejandra. Lo primero, al convertir el fichero de pdf a word, salen muchos nombres propios sin MAYÚSCULA: Buda, Benarés... Perdón por no haberme fijado.

      En cuando a qué hay que hacer: se trata de que, en base a lo que pone en el texto, os imaginéis cómo podría ser una celebración budista o hinduísta según el nacimiento de sus dioses. Es decir, el cristianismo celebra el nacimiento de Jesús con unos ritos (Navidad). ¿Cómo pensáis que sería entonces en una religión oriental? Echadle un poco de imaginación...

      Eliminar
    2. Gracias Alfonso

      Eliminar
  5. El himno de Eurovsión hay que hacerlo con la flauta?, porque no tengo su partitura para hacerlo.

    ResponderEliminar
  6. ����������

    ResponderEliminar
  7. A mí no me deja entrar en ¿Sabes acentuar?, me pone que el error 1200, que no sé cual es.

    ResponderEliminar
  8. me impide entrar, soy Aarón.

    ResponderEliminar
  9. Hola Alfonso, soy Emma Seguí.
    La fotocopia de Lengua Española la hacemos en la libreta, NO??
    Por cierto, el HIMNO EUROVISIVO te salió bastante bien ;).

    ResponderEliminar
  10. Álex Álvarez Lombardero5 de maio de 2020, 15:55

    A miña palabra do mes é TRAPALLADA.

    ResponderEliminar
  11. Cual es el correo electronico del profe Alfonso?

    ResponderEliminar
  12. Matías, el mismo desde el que escribo a tu padre!

    ResponderEliminar
  13. Hola. Hubo problemas con R. Yo acabo de conseguir conexión aún ahora. Ya os he leído y recibido vuestros trabajos.

    GRACIAS!!!

    Alfonso

    ResponderEliminar

Nuevo comentario en ANXOBOOKTUBERS