mércores, 27 de maio de 2020

MÉRCORES 27 DE MAIO

Bo día. Seguimos con actividades de reforzo, repaso e ampliación. Os mércores sempre era o día máis "duro" porque había asignaturas de máis peso, así que trato de que xa non se vos faga costa arriba. ¡Ah! Que non fai falla que enviedes todo, só o que vos indico, dacordo? 😉😉. Imos aló


MATEMÁTICAS

El resultado de los ejercicios de ayer ya los comprobasteis con la calculadora (espero). Así que hoy os voy a poner un repaso de operaciones


Os va en pdf porque si lo hago en word se descolocan los números en la recta. Podéis hacerlo en el cuaderno, es REPASO, no hace falta que lo enviéis


CIENCIAS SOCIAIS

Ben, xa teño preparado o kahoot para mañá!! Repasade un pouco do relevo, os climas e os países de Europa e as súas capitais, é moi fácil. 

Mentres, outra ficha de repaso de todos eses conceptos que aprendimos con Eurovisión, así polo menos a idea de pertenza a un mesmo continente cun xeito de vida similar entre todos os países queda asentada.


Recordade que non é o mesmo EUROPA que a UNIÓN EUROPEA. Nesta última, que a demos en 5º, atopamos 27 países (despois da saída en xaneiro do Reino Unido), nós pertencemos a ela e trátase dunha unión a nivel económico que nos inflúe moito na vida do noso país, de feito parte da reconstrución económica "post-COVID" será grazas aos fondos europeos, aínda que sabedes que hai países (como os Países Baixos) que se opuxeron a esas axudas para Italia e España... Isto xa é outro conto!



LINGUA GALEGA

Tamén aquí imos con REPASO: o grupo nominal e o uso das maiúsculas. Son materiais que nos pasaron as editoriais e que vos sirven para afianzar contidos. Vai en word. Se se vos "descoloca", decídemo e súboa en pdf






CIENCIAS NATURAIS

Tamén aquí seguimos con repaso. A ver se vos acordades de cousas do tema 1. Recordades que sempre vos dícía que deberiamos facer un control sen avisar? eu ben sei que os contidos do tema 1 quedan mooooooooi lonxe e que os que sacastes un 7, 8, 9... nos controis hoxe ao mellor non chegabades a un 5. Non pasa nada! É NORMAL. 

Pero intentádeo. Se algo tedes que sacar en limpo deste confinamento é que debedes chegar a ser conscientes do que sabedes, sen preocuparvos de ESTUDAR. E que eu estou convencido que sabedes moitas máis cousas das que demostrades nun control oun nun exercicio. Pois comprobádeo vós mesmos coa seguinte fotocopia que sería unha avaliación desas que nos pasan as editoriais e ás veces botamos man dela para facer iso, avaliarvos. Hoxe non é así. Simplemente, intentádeo







ATA MAÑÁ!! 👋👋


10 comentarios:

  1. Hola Alfonso!!!

    Una cosa.
    Sobre lo del WORD de LINGUA GALEGA, a mi se me descoloca.

    Lo puedes subir en PDF?


    Gracias.

    ResponderEliminar
  2. non podo facer a ficha de lingua porque hay palabras amontonadas 😶

    ResponderEliminar
  3. Hola. Acabo de llegar del colegio. Os lo pongo ahora en pdf. Gracias por avisar

    ResponderEliminar
  4. Alfonso, no me aparece que lo hayas puesto.
    He mirado el que hay por si habías puesto en PDF, y el de WORD lo hubieses quitado, pero no...

    ResponderEliminar
  5. ¡Por fin aprendí a poner emojis en ordenador!
    ��

    ResponderEliminar

Nuevo comentario en ANXOBOOKTUBERS