mércores, 6 de maio de 2020

MÉRCORES 6 DE MAIO

Bo día! Se vistes a partitura do Himno de Eurovisión no blog de Andrea, comprobaredes que é moito máis doada de tocar que a que fixen eu. Por que? Pois porque eu comezo no DO e a partitura leva a nota Si bemol e se comezades no RE a melodía leva o Si natural, isto é, máis sinxelo. Intentádeo e quero ver os vosos videos no blog de Andrea!

MATEMÁTICAS

Bueno, hoy os pongo una hoja de repaso de fracciones en el enlace. No hace falta que me la mandéis, os pondré las soluciones el jueves.



LINGUA GALEGA

Hoxe hai unha lectura que SI TEDES QUE ENVIAR, trata sobre un alimento que vos gusta moito e que ten a súa orixe en América.





CIENCIAS NATURAIS

Ben, hoxe subo a Google Drive a presentación da 2ª parte do TEMA 5 de Naturais. Vale para hoxe e o venres. Eu agardo que poidades vela todos. Seguide as instrucións da vez anterior. A ligazón abre DIRECTAMENTE unha presentación de Google, dádeslle a iniciar presentación na parte superior e xa debería ir.


Durante a presentación hai algúns exercicios que podedes facer no caderno. A semana que vén poñereivos algunha actividade do libro subida aquí e cando prepare un "kahoot" do tema, vos aviso para que o fagades


CIENCIAS SOCIAIS

Hoxe comezamos con investigación sobre outra foto do "profe viaxeiro". Nin que decir ten que está tamén relacionada con Eurovisión 😂😂😂



PISTAS:

1) Esta cidade é a capital do seu país.
2) Celebrou unha vez o Festival de Eurovisión.
3) Este reloxo que vedes é un punto de encontro no centro da cidade que, ademáis, ten a escultura ao fondo como símbolo de liberdade.
4) Non ten nada que ver coa camiseta que levo posta.
5) O país no que está ten mar, pero esta cidade está atravesada por un río.
6) No Festival que se celebrou aí participou unha rapaza galega, pero non representaba a España, senón nun grupo representando a Bélxica.

Xa que logo, que cidade é? Unha pista máis: ten moi poucas letras 😀😀

Esta semana e a que vén imos comezar o estudio dos PAÍSES DE EUROPA. E claro, Eurovisión volo pon moi fácil. Vouvos dar unha pequena explicación:
  • O mapa actual de Europa cambiou moito durante o século XX, pero sobre todo a partires de 1990. Sabedes, por exemplo, que exisitía un país do que falamos moito en clase e veu Amar contarnos a súa historia, que se chamaba "Iugoslavia" e no que houbo unha guerras moi terribles na década dos 90, sabédelo tamén por Amar. 
  • Outros países xurdiron cando a antigua Unión Soviética (URSS) se desintegrou e pasou dun sistema político comunista a un capitalista. É nese momento cando podemos comezar a falar dunha Europa UNIDA, xa que tamén vimos en Historia que o Muro de Berlín e o "Telón de Aceiro" dividía Europa en dúas partes completamente opostas entre si.
  • Ata esa data, Eurovisión só se celebraba nos países occidentais, coa única excepción da participación de Iugoslavia. A partires de 1993 comezaron a incorporarse o resto dos países de Europa e o número máximo de países participantes nunha edición foron 43.
  • TODOS os países de Europa agás Liechtenstein e a Cidade do Vaticano participaron alomenos unha vez no Festival. Foron en total 47 países, habendo entón sumados 49. A maiores participan no Festival Israel, Australia e unha soa vez tamén participou Marrocos (1980). E unha observación: Kosovo é un territorio que se independizou de Serbia, pero non está recoñecido como país por moitos estados do mundo, entre eles España, polo que non o conto.
Ben, en 5º estudamos a Unión Europea, que recordades eran 27 países (un menos porque o Reino Unido deixouna este ano). Aprendestes onde estaban situados e as súas capitais. Este ano teríamos que coñecer os 49 países de Europa e faríamolo con Eurovisión. No festival de Rotterdam participarían 41, incluíndo Israel e Australia, polo que serían 39 países europeos os que entrarían na competición. Non sempre participan todos os países, ás veces déixano un ano ou máis, houbo casos moi sonados como por exemplo Italia que estivo 14 anos seguidos sen participar (de 1997 a 2011) e Mónaco que estivo do 1979 ao 2004 sen participar e logo só o fixo en 2004, 2005 e 2006, dende aquela tampouco participa.

Na web que vos puxen nun anterior post tedes TODA a información histórica do Festival, poñóvola de novo así como unha web española



Ben, hoxe só quero que vaiades aprendendo os PAÍSES de Europa e as súas capitais cos mapas flash da páxina que xa coñecedes



A ligazón para facer os pasatempos é a seguinte


Podedes xogar a identificalos na ligazón do recadro verde e logo as do amarelo e o morado, especialmente a que pon "Países de Europa (con microestados)" e "Capitales de Europa". Moitos países e moitas capitais xa as coñecedes: Francia, Italia, Países Baixos, Rusia... e capitais como París, Londres, Roma, Berlín, Amsterdam, Lisboa... 

Mañá vos poñerei un vídeo moi entretido para relacionar bandeiras con países e a semana que vén xa vos mandarei traballar cun mapa político pero sempre relacionado con Eurovisión e os países deste ano, xa que se celebraría precisamente os días 12, 14 e 16 deste mes.

PASÁDEO BEN E APRENDEDE!!




9 comentarios:

  1. Hola Alfonso, una pregunta, como vamos a hacer lo de devolver los libros prestados del colegio?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Valle, no leo s, no te puedo contestar a esa pregunta, no depende de mí.

      Eliminar
  2. Hola, Alfonso la verdad por lo que nos estás contando el trabajo de Eurovisión parece muy interesante, divertido y entretenido.¡Qué ganas de hacerlo!

    ResponderEliminar
  3. Emma Seguí, eliminé tu mensaje porque pusiste la solución!!! No la pongáis, por favor, hasta que pasen unos días. Pero sí, es ESA ciudad

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Creo que no fue Emma Seguí, creo que fue Emma Williams

      Eliminar
  4. Alfonso, creo que yo también sé la ciudad, pero no la voy a decir.

    ResponderEliminar
  5. Alfonso, los ejercicios de natu se pueden hacer en el ordenador? Soy Aarón.

    ResponderEliminar
  6. Aarón, puedes hacerlos donde quieras, ya lo dije en el anterior power point

    ResponderEliminar
  7. No sé que me da que Alfonso tiene una adicción con la Trifuerza de Link.
    Para comprobarlo, solo es necesario mirar la ficha de fracciones de mate...
    responderme poniendo #trifuerzayalfonso si estais de acuerdo.

    ResponderEliminar

Nuevo comentario en ANXOBOOKTUBERS