mércores, 3 de xuño de 2020

MÉRCORES 3 DE XUÑO

Chegamos ao mércores, e seguimos con cousas de repaso.

MATEMÁTICAS

Continuamos con el MCM y el MCD y os planteo unos problemas. Espero os resulten fáciles.


No os voy a poner más de mínimo común múltiplo y máximo común divisor, así que espero que el repaso haya servido



CIENCIAS SOCIAIS

Como vai ese século XIX? Acordádesvos que a Revolución Francesa marca o inicio da Idade Contemporánea e de non acontecer, nada do que vivimos hoxe estaría pasando. Supuxo un cambio de moitas cousas a nivel económico, social, político e cultural, pero sobre todo, no xeito de vivir das persoas coma vós ou coma min. Acadáronse dereitos e liberdades individuais que antes non existían e aínda agora hai países que non as teñen ou estamos a conseguir outras.

Por iso estudar Historia, aínda que non vos guste tanto, é moi importante porque é importante coñecer o pasado para entender o presente e mellorar como sociedade no futuro. Nótase que me gusta, eh?

Sen máis rollo, seguimos co repaso. Na ligazón hai tres fotocopias sobre diferentes aspectos do século XIX, especialmente sobre as clases sociais.





LINGUA GALEGA

Hoxe repasamos un tipo de palabras, os posesivos, e tamén algo de acentuación. Recordade que os posesivos en galego sempre levan o artigo agás nunhas contadas excepcións.


E mirade: atopei nun último momento este chiste que me serve para facervos unha pregunta. Que dúas variantes lingüísticas propias de certos lugares de Galicia aparecen nun dos "bocadiños"?



CIENCIAS NATURAIS

E para rematar o día, seguimos co repaso. Fago o mesmo que co tema 1, intentade facer esta avaliación sen libro sobre os aparatos do corpo humano que deramos no tema 2, seguro que vos é moi sinxelo.





Nada máis por hoxe, ata mañá! Preparádevos os futboleiros!!! 😁😁

9 comentarios:

  1. Alfonso, o do "bocadillo", o digo por aquí, polos comentarios?

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Creo que si o dices, seguramente te borre el comentario-
      Lo digo por experiencia.

      Eliminar
  2. No bocadillo utilízanse as variantes lingüísticas seseo e gheada.
    Un saludo.

    ResponderEliminar
  3. Holaaa a mi no es que me guste mucho el mcm mcd pero lo de soci me parece más divertido.

    ResponderEliminar
  4. Alfonso, vamos a hacer más videollamadas?

    ResponderEliminar
  5. Son o seseo e gheada, como dixo Noa Vila. O di Aarón.

    ResponderEliminar
  6. Alfonso, eu xa te enviei un correo coas respostas. Agardo que chegase o correo!

    ResponderEliminar
  7. Porras! Ahora como todo quisqui lo dijo ya no tendrá sentido que lo diga yo.
    Soy Álex.

    ResponderEliminar

Nuevo comentario en ANXOBOOKTUBERS