xoves, 4 de xuño de 2020

XOVES 4 DE XUÑO

Hoxe comezades con FRANCÉS que envío ao correo das vosas familias.


LINGUA GALEGA

Chegou o momento, agardo que vos guste! Cando os mestres a principios de curso programamos as actividades complementarias, este ano íamos participar nunha que fai o Depor chamada "ESCOLAS BRANQUIAZUIS". Visitaríamos as instalacións do noso equipo de fútbol, o estadio de Riazor, etc. Dende a organización do clube, quixeron que esta actividade non se perdera e convocaron un CONCURSO que vos propoño.

Voulles mandar ás vosas familias as bases do concurso e o correo electrónico que nos mandaron ao colexio, pero básicamente consiste en un concurso de REDACIÓN (lóxicamente en galego) e outro de DEBUXO baixo o título "Os nosos valores - Escolas 110% branquiazuis". Déixovos aquí as bases cos premios


O tema dos traballos estará  baseado no RC Deportivo e a súa vinculación cos seus seguidores, a súa cidade e comarca e os valores positivos do Deporte. 

Vós podedes facelo moi ben, pero todo tedes que facelo vós seguindo estrictamente as bases. Lóxicamente non é obrigatorio, pero podedes gañar algún dos premios que hai!! Se queredes, unha vez feita a redación e antes de enviala, podo corrixírvola, así que os e as que vos animedes, enviádema e imos vendo que tal. Por certo, o prazo remata o día 19 de xuño, así que tendes tempo. ÁNIMO!!


CIENCIAS SOCIAIS

Para rematar este repaso do s. XIX, vouvos poñer un vídeo que conta a historia dunha muller granadina chamada Mariana Pineda.



E despois de velo, lede esta noticia que se publicaba en "La Voz de la Escuela" de La Voz de Galicia sobre esta muller


Entón, podedes contestar a unhas preguntas?:

  • Quen reinaba en España cando ocurriron estes feitos?
  • Como era o goberno dese rei e por que se caracterizaba o absolutismo?
  • Existía unha Constitución?
  • Pensas que Mariana Pineda é unha heroína ao estilo da nosa María Pita?
  • Que opinas de que se lle condenara a morte por facer a bandeira?
É un vídeo e unha noticia para saír un pouco da rutina do libro e rematar o s. XIX. A semana que vén veremos o s. XX

LINGUA CASTELÁ


Hoy hacemos una comprensión lectora de mitología griega, la historia de Deméter y Perséfone.





MATEMÁTICAS

Y hoy en Matemáticas cálculo mental y calculadora, ya veis que cada vez es menos cantidad para que no os agobieis. Además, habéis trabajado bien ayer estuve con vuestros padres y vuestras madres y aún algunos me trajeron más trabajos vuestros, así que ya va tocando descansar un poco. ¡En pocos días acabará el curso! 








2 comentarios:

  1. Alfonso, e todos... Jajaja... Parece a actividade moi chula. Grazas, a verdade tamén está ben facer este tipo de cousas e non todo fichas, con cousas refírome a vídeos, o de Eurovisión, isto do RC Deprtivo...
    Unha aperta enorme!!!

    ResponderEliminar

Nuevo comentario en ANXOBOOKTUBERS