domingo, 22 de marzo de 2020

LUNS 23 DE MARZO. DE NOVO AQUÍ

Bos días a todas e a todos. Comezamos unha nova semana, a ver se consigo que vos divirtades e avancemos algo máis. Xa sabedes como van as cousas, parece que estaremos en corentena máis tempo, así que ÁNIMO!!,  e non perdades a paciencia.


VALORES CÍVICOS E SOCIAIS


Hoxe imos ver un vídeo que está na web da biblioteca do cole, en Biblioanxo. Déixovos aquí a ligazón. 


Unha vez que vexades o vídeo, facede estes tres exercicios:

1) En que país cres que acontece a curta? Hai unha pista moi clara nunha das esceas, sae un mapa... que a min particularmente me resulta MOOOOI coñecido.

2) Sabes quen foi Erno Rubik? Consulta esta web e escribe en poucos liñas quen é 

3) Agora ti so / soa. Escribe un pequeno texto (5-6 liñas) sobre as consecuencias do uso e abuso das novas tecnoloxías fronte aos xogos tradicionais: que vantaxes e desavantaxes teñen ambas as dúas formas de ocio, como nos pode cambiar o comportamento, etc.


MATEMÁTICAS

Os pongo la solución a los ejercicios del miércoles




Y hoy empieza una programación especial en TVE, en el canal Clan con el título "APRENDEMOS EN CASA". Y los lunes toca Matemáticas, así que hoy a las 11:00 poned la tele y repasad. Yo también lo voy a ver y podéis hacer algún comentario de lo que os ha parecido.


Por cierto, mañana o pasado voy a mandar a los correos electrónicos de vuestras familias un modelo del CONTROL que íbamos a hacer. Lo imprimís e intentáis hacerlo, no os voy a decir que no miréis el libro porque lo vais a hacer, pero procurad usarlo lo menos posible... sed honest@s!!! ;)

CIENCIAS SOCIAIS

Hoxe será un xogo. É un repaso das coordenadas xeográficas que demos no tema 0. Durante a semana seguiremos co tema 1, o relevo de España, estudando os ríos. Pero iso, mañá. Facede clic na seguinte ligazón para o xogo das coordenadas


E por hoxe, nada máis. Non vos esquezades de ler un pouquiño "Invisible" e de facer exercicio, non tanta consola nin "Fortnite" 😉



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Nuevo comentario en ANXOBOOKTUBERS