Ben, xa estamos nun novo día. Agardo que sigades ben. Comezamos por
MATEMÁTICAS
Solución a los ejercicios de ayer:
Bien, y ahora vamos a hacer el 1 y el 2 pero como a veces hacemos en clase, solo 1 de cada serie
Del ejercicio 1 expresáis en metros (m) solo 1 de los 3, lo mismo en litros y en gramos. Y del ejercicio 2 lo mismo, uno de cada bloque. No os quejéis, ¿eh? 😀😀😀
CIENCIAS SOCIAIS
Antes da Semana Santa estivemos estudando o relevo de España e os ríos. Imos continuar un pouco porque as cousas que propoño xa demos algo o curso pasado, refírome aos CLIMAS de España.
Este é o mapa que está no libro. Como vedes, en España temos 6 tipos de climas: oceánico, de montaña, mediterráneo (interior, litoral e seco) e subtropical. En 5º xa víramos as características xerais de cada un deles e fixemos climogramas (poñereivos un mañá).
O texto que hai no libro é o seguinte, que fala dos factores do clima:
En base a esas dúas páxina, intentade facer un pequeno RESUMO dos factores do clima (este parágrafo) e mirando o mapa intentade dicir unha cidade ou vila importante de España e o seu clima correspondente (Por exemplo, A Coruña ten clima oceánico). Déixovos tamén un mapa político para que comparedes, é sinxelo
LINGUA GALEGA
Comezamos coas solucións de onte sobre o texto teatral
E dando clic no seguinte enlace atoparedes un arquivo cunha fotocopia de vocabulario que ten tamén que ver con Sociais, sobre o relevo e o clima, así afianzades palabras que non estades afeitos a usar. O arquivo está en Google Drive na conta de AnxoBooktubers, así que agardo que poidades abrilo e imprimilo, é máis práctico que enviárllelo ás vosas familias por correo electrónico
CIENCIAS NATURAIS
Acordádesvos de que vos dixen que á volta das vacacións viría un rapaz facer as prácticas de mestre e ía facelo nesta asignatura? Pois lóxicamente e debido ás circunstancias non vai vir. El tiña preparada a unidade 5 do libro, pero aínda non a imos comezar porque é materia completamente nova e non está decidido se podemos explicala ou non, ademáis moitos de vós deixastes o libro no colexio. En todo caso, hoxe póñovos algo máis divertido, tamén do libro, pero de finais do tema 4 e déixovos aquí as imaxes capturadas.
Trátase de que ás persoas que estades na vosa casa (pai, nai, irmáns...) lles fagades esta entrevista sobre bós hábitos de saúde e poñades unha puntuación seguindo o patrón de respostas, a ver que tal vos sae.
E sigo preparando algunha sorpresa. Se cadra mañá haberá algún vídeo... 👨👨👌👌👀. ATA MAÑÁ!!
Alfonso, a quen lle facemos a enquisa?
ResponderEliminarA nós mesmos ou a un familiar da casa???
Hay q hacerla a un familiar
EliminarUna pregunta, alguien sabe si vamos a volver a clase y cuando vamos a volver? (Si es q volvemos)
ResponderEliminarUna pregunta, alguien sabe si vamos a volver a clase y cuando vamos a volver? (Si es q volvemos)
ResponderEliminarDicen que el confinamiento acaba el 26 de abril... Pero no creo que sea en esa fecha. Ya veremos estos días, porque se puede alargar hasta mayo. 😥😥😥😥
EliminarD:
EliminarEra Alejandra por cierto
ResponderEliminarYo creo que ni vamos a regresar...
ResponderEliminarSoy Álex
Soy la única q quiere ver YA el vídeo 😅😅😅?
ResponderEliminar